sábado, febreiro 12, 2011

E xa son 20, as veces que un gaseiro cargado con GNL-LNG para Reganosa, ten que abortar a súa entrada na Ría por mor das malas condicións meteorolóxicas - Por segunda vez consecutiva, o “Cheikh el Mokrani”, non poido entrar na Ría de Ferrol, a intensa néboa impedia-o

Tags


O buque metaneiro Cheikh el Mokrani que fai o nº 84 -desde que o fixera o "Galicia Spirit" en Maio de 2007, falla o 2º intento de entrada na Ría por mor do mal tempo reinante no Golfo Ártabro .

Por segundo día consecutivo o “Cheikh el Mokrani” tivo que desistir da súa entrada á Ría debido á intensa néboa á hora da única pleamar diúrna. Posiblemente mañá tampouco poida aproximarse dado que se esperan malas condicións meteorolóxicas na bocana da ría.


Estes intentos errados e os consecuentes días de espera en mar aberto, (sucede a 1 de cada 4 gaseiros) como indicabamos no noso comunicado de onte, supoñen un importante custo engadido ao gasto de transporte do GNL, que debido á mala localización interesada da Planta de Reganosa estamos a pagar toda a cidadanía nas tarifas de gas e electricidade.

Urxe parar esta planta innecesaria e volver á subministración a través dos gasodutos existentes que agora manteñen pechados en beneficio dos socios de Reganosa.
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org




Información baseada na enviada por:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
12 de fevereiro de 2011 16:18
____________________

Enlaces relacionados:
__________

APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade

CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995

Blog solidario coa veciñanza de Meá
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org


______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon