O gaseiro de hoxe non entrou.
E van 19.
O gaseiro “Cheikh el Mokrani” que fará o número 84 dos que, ilegal e perigosamente, chegan á nosa Ría transportando GNL para Reganosa, e que tiña prevista hoxe a súa entrada, tivo que desistir debido á forza do vento e permanece navegando polas inmediacións das nosas costas, á espera de poder arribar na marea de mañá.
Con esta, van xa 19 ocasións nas que as condicións meteorolóxicas impiden a entrada dos gaseiros a unha planta mal situada, no interior dunha ría angosta e perigosa para este tipo de buques.
O 22,62% deles (case un de cada catro) vense obrigados a atrasar un ou máis días a súa entrada.
En circunstancias como as de hoxe, se podería atracar no Porto Exterior, onde estaba prevista en principio a Planta de Gas, e cuxa localización se cambiou a Punta Promontoiro, exclusivamente para favorecer os intereses especulativos do Grupo Tojeiro.
Esta decisión de pasar dun chan público e seguro a un chan privado e perigoso, ademais de supor unha ameaza para a cidadanía e para a sustentabilidade da Ría e os seus traballadores, encarece notablemente o custo do gas que ao final pagamos todos nos recibos de gas e electricidade.
E todo isto, para manter aberta unha planta totalmente innecesaria, para a que unha vez máis, demandamos das Autoridades o cesamento de actividade e a posta en servizo novamente dos gasodutos que desde o inicio de Reganosa manteñen pechados e que serían unha solución moito máis segura e barata.
Na tarde de hoxe, membros do Comité Cidadán de Emerxencia concentráronse, como sucede sempre que se agarda a entrada de gaseiro, diante do Edificio da Xunta de Galicia, para demandar: ¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!
--
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Para axudas económicas:
C.c. en Banco Santander, titular: Luz Marina Torrente e outros
Desde España:
00493315772894017995
Desde o Extranxeiro:
ES 71 00493315772894017995
Enviado por:
Galería Fotográfica de Suso Pazos - Susete'70
_________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon