xoves, febreiro 10, 2011

Homenaxe en Serantes, este Venres 11 de Febreiro, ao Alcalde Porto Leis e aos seus compañeiros, todos asasinados na praia da Frouxeira de Valdoviño, en Febreiro de 1938


Homenaxe en Serantes ao Alcalde Porto Leis e aos seus compañeiros: Modesto del Río, Avelino Landeira e Xesús Miño.

Venres, 11 de febreiro 2011, ás 18 hs, fronte ao Centro de Saúde de Serantes (Antigo Concello).

O Concello de Ferrol inaugurará un monolito en lembranza de Alejandro Porto Leis, alcalde republicán de Serantes e dos compañeiros que lle deran protección: Modesto del Río, Avelino Landeira e Xesús Miño, "paseados" os catro na praia da Frouxeira, de Valdoviño, en febreiro de 1938.

As asociacións Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán, solicitantes deste recoñecemento, convidan a asistir ao acto a toda a cidadanía e de xeito especial aos representantes do tecido asociativo da nosa cidade e comarca: Asociacións veciñais, culturais, Sindicatos, etc., para honrar a memoria e dar tributo de gratitude a estas persoas que perderon a vida na defensa das ideas de progreso e solidaridade, vítimas da represión fascista.


--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es



Enviado por:

Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
9 de fevereiro de 2011 20:04
____________________

Enlace de Interese:

Memoria Histórica Democrática
______________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon