xoves, febreiro 10, 2011

Un novo buque gaseiro, o "Cheikh el Mokrani", cargado con miles de toneladas de GNL/LNG anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Venres 11 de Febreiro - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia

Tags

O LNG "Cheikh el Mokrani", buque gaseiro de grande porte, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Venres 11 de Febreiro de 2011. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa a 84, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007. Unha vez máis, vai entra na Ría de Ferrol un metaneiro con ducias de miles de metros cúbicos de gas natural licuado, poñendo en perigo a seguridade e a vida das miles de persoas que moramos na súa contorna, ao aumentar o perigo potencial que xa de por si ten o despropósito gasístico chamado Reganosa.




Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Venres, ás 7 da Tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

[Para entrar na Galería de Diapositivos, clicar acima da imaxe]


Características do buque metaneiro:
Nome: Cheikh el Mokrani, Bandeira: Bahamas, Eslora: 220 m, Manga: 35 m, Puntal: 22.55 m, Calado: 10 m, Capacidade: 75.500 m3.

PARTICIPA NA CONCENTRACIÓN SONORA A TARDE DO VENRES 11 DE FEBREIRO, ÁS 7 DA TARDE, NON FALTES:

  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org




Enviado por:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
10 de fevereiro de 2011 10:42
__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon