[Clicar na foto para acceder á Galería Fotográfica]
O pasado Xoves 10 de Febreiro de 2011, miles de traballadoras e traballadores, mozos e mozas, participaron no día nacional de acción e enviaron unha mensaxe de resistencia contra a política antipopular, antiobrera do Goberno Grego.
A mobilización foi organizada conxuntamente pola Fronte Militante de Tod@s os Traballadores e Traballadoras (PAME), a Fronte Militante de tod@s os Campesiñ@s (PASY), a Fronte Antimonopolista Grego de Autónom@s e Pequen@s Comerciantes (PASEVE), a Fronte Militante de Estudantes (MAIS) e a Federación Grega de Mulleres (OGE) e incluía actividades multiformes. Así, centos de sindicalistas de sindicatos de orientación de clase visitaron fábricas, empresas, hospitais, universidades, oficinas para desempregados, mentres que pola tarde realizáronse protestas con pancartas en decenas de cidades en Grecia. Desde o río Evros ata Creta e Peloponeso, as forzas de clase deixaron claro que non mostrarán tolerancia cara á política do goberno, da UE, do FMI, non van sucumbir ante a súa chantaxe, non van inclinar a cabeza ante as esixencias do capital.
Traballadores, traballadoras, estudantes, autónom@s e pequen2s comerciantes, mulleres, xubilados uniron a súa voz contra a política que sementa a pobreza e a miseria, diminúe os salarios e as pensións, aumenta o desemprego, provoca despedimentos e a agresividade do capital.
Demostraron o seu determinación de loitar contra a barbarie capitalista e organizar a súa loita común. Deron así outro paso decisivo para a preparación da Folga Xeral do 23 de Febreiro que abarcará todos os centros de traballo.
Fonte do Artigo: http://es.kke.gr
Fonte das Fotos: http://picasaweb.google.gr/cpg.kke
___________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon