Nom abonda coa sua política de apoio e justificaçom da planta de gas de Reganosa; nom abonda coa reivindicaçom de mais quota de CO2 para a térmica d'As Pontes; nom abonda co apoio ao projecto antinatura do AVE; nom abonda co apoio á multinacional ENDESA e à destruçom da Ilha de Borneo [Kalimantan] trazendo carbom de importaçom manchado de sangue ... O BNG teima agora na sua deriva política e ideológica, fazendo-lhe um dano quase irreparável ao Povo Galego, reivindicando a localizaçom dunha base militar de experimentaçom com avions espia promovida polo consorcio europeio da aviaçom EADS, no concelho de Trasmiras. E todo isto em contra de todo o movimento ecologista galego, que manifestam umha firme posiçom contraria à base militar.
Tem algumha soluçom tal deriva? Alguém vai endereçar o rumo desta força política? É hora de pôr cara, nome e apelidos, a quem dentro desta força política fundamental para o país, trabalham para propiciar semelhante cámbio político.
Esta é a nóva que publica A. SUÁREZ no "O Xornal", na sua ediçom do 5 de Marzo de 2011:
"O Concello de Trasmiras, na comarca da Limia, postúlase como localización dunha base militar de experimentación con avións espía promovida polo consorcio europeo da aviación EADS. A idea planea desde a anterior lexislatura, a do bipartito, pero agora volve colear porque o Ministerio de Defensa encara a última fase do proceso para elixir entre a proposta de Galicia e a de Andalucía, que parece ter o apoio do Goberno. O BNG levará o tema ao Congreso para reclamar o centro para Ourense, mentres os ecoloxistas rexeitan o proxecto.
O proxecto para experimentar con avións sen piloto impulsado por España, Francia e Alemaña ten un presuposto 2.900 millóns e crearía 3.000 empregos".
Fonte: xornal.com
Ferrol, a 7 de Março de 2011
Inácio Martínez
Enviado:
Tem algumha soluçom tal deriva? Alguém vai endereçar o rumo desta força política? É hora de pôr cara, nome e apelidos, a quem dentro desta força política fundamental para o país, trabalham para propiciar semelhante cámbio político.
Esta é a nóva que publica A. SUÁREZ no "O Xornal", na sua ediçom do 5 de Marzo de 2011:
"O Concello de Trasmiras, na comarca da Limia, postúlase como localización dunha base militar de experimentación con avións espía promovida polo consorcio europeo da aviación EADS. A idea planea desde a anterior lexislatura, a do bipartito, pero agora volve colear porque o Ministerio de Defensa encara a última fase do proceso para elixir entre a proposta de Galicia e a de Andalucía, que parece ter o apoio do Goberno. O BNG levará o tema ao Congreso para reclamar o centro para Ourense, mentres os ecoloxistas rexeitan o proxecto.
O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, dirixirase na sesión plenaria do martes á ministra de Defensa, Carme Chacón, para que aclare as opcións de Trasmiras. Lembra que “sempre se barallaron tres posibilidades” para a instalación desta base de avións non tripulados e que finalmente quedaron dúas: Trasmiras, e Arenosillo, en Huelva.
Pérez Bouza defendeu que “segundo parece Trasmiras é o único que cumpre con todos os requisitos que precisa a empresa para levar a cabo este proxecto”, aínda que semella que o Goberno se está a decantar pola localización de Huelva, que “mesmo linda co Parque de Doñana”, sinala. Neste sentido, lamentou que o Executivo aposte por Andalucía, segundo tería acordado desde o pasado febreiro, “nunha decisión que moito nos tememos –di– teña máis relación con cuestións de índole políticas que con criterios obxectivos serios”. O Ministerio de Defensa non aclarou onte se a decisión está pechada. Pérez Bouza culpa a Feijóo de ter unha “actitude pasiva” que deixou atrás a proposta galega.
ZEPA DA LIMIA
Pola súa parte, a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) dirixíronse a Defensa para comunicalo que a base de Trasmiras se situaría “no interior ou nas inmediacións da Zona de Especial Protección para ás Aves (ZEPA) de A Limia ou na súa zona periférica de protección, co cal prexudicaría a seis especies ameazadas de aves. Tamén Adega o rexeita.
No entanto, o proxecto elaborado para o aeródromo, que ocuparía terreos entre Trasmiras e Sarreus, inclúe un estudo no que se rexeita que esta infraestrutura afecte a un espazo protexido. A proposta, elaborada consultora Aertec concreta que a base está a 20 kilómetros da zona de protección de aves e “simplemente haberá que adoptar medidas preventivas como evitar o sobrevoo da ZEPA Baixa Limia-Serra do Xurés a unha altura inferior aos 1.000 metros sobre o chan” para evitar a afección.
Fonte: xornal.com
Ferrol, a 7 de Março de 2011
Inácio Martínez
Enviado:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
7 de março de 2011 04:43
______________
13 comentarios
Felicidades Ignacio pola entrada.
Alexandre
Isto é pura e simple manipulación. Na Limia non se instalará ningunha base militar. Trátase dun proxecto do consorcio europeo EADS-CASA, que pouco ten a ver co sector militar.
Si se me permite a comparación, opoñerse a este proxecto, é como se nos opoñemos a NAVANTIA. Pechamos tamén NAVANTIA en Ferrol? O do blog ese, o Artabra dirá na súa comarca que se peche este asteleiro? se é así, dicídeo alto e claro!
E iso de que prexudica aos paxariños é unha CARALLADA.
Mais estade tranquil@s que non veremos este mega-proxecto, que traería emprego para a Limia, xa que con toda seguridade irá para Huelva. Para aquí hai moito interese en por, non só pedras nas rodas, senón o carro diante dos bois. MENOS DEMAGOXIA!
Seguindos coas comparacións:
Podemos prohibir que se fabriquen coches -daquela pechamos Citröen- non só porque contaminan, senón porque a xente ten accidentes con estes chismes. E xa postos, pechando o círculo, pechamos as estacións de servizo, que proporcionan o combustíbel necesario para que estes chismes funcionan.
Ah! e non quero olvidarme dos computadores e teléfonos móbiles, que xa sabedes que algúns dos seus elementos vitais están feitos con Coltam, cuxo comercio é o culpable de milleiros de mortes en África.
Alén das Pedras, e co que dis eres capaz de decir que é demagoxia o que escribe Ignacio. Para demagoxia o asuntillo de Navantia e o de Citroën, non vexas o morro que tés.
Non Inacio, non abonda. O BNG tamén defende a Mina de Andalucita nas Fragas do Eume, no Pico Vello, por non falar da legalización das louseiras do Courel, cando Fernando Blanco foi conselleiro de Industria, ou o Plano Acuícola do Bigoberno, ou a Urbanización na antiga Massó en Cangas, ou o lago de Endesa nas Pontes
Eu non comparto a instalación dunha base militar na Limia e penso que nen a dirección do BNG nen as súas bases tampouco.
Agora ben, deberiase ser um pouco máis coidadoso, xa que penso que existe unha corrente de opinion, na que teño inebitabelmente que incluir a Inacio, que nos últimos anos adicanse a fustigar ao BNG, faga o que faga e non se ten a mesma actitude con outras forzas políticas de àmbito español que actuan no noso país.
Con toda a miña humildade, Inacio, deberias ser menos acedo nas tuas opinións xa que alguen se poderia preguntar pola túa evolución ideolóxica compartindo as teses dos españois de "Fuco Buxan" as chamadas a alianza sindical cos sindicatos españois ou a cobertura, polo menos cibernética, que prestas a iniciativas impulsadas desde Madrid como os procesos da refundación da esquerda ou as mesas de converxencia.
Isto é só unha reflexión humilde, Un saúdo.
E que dis da evolución de XX Pita que de pertencer ó PP agora é da UPG( Partido Comunista Patriótico) a pesar de ser empresario, e repite outra vez como candidato á Alcaldía de Ferrol.
Inacio sempre foi un home de esquerdas, nacionalista e internacionalista proletario, e segue na mesma liña. Se moita xente fustiga ó BNG é por que o BNG actual está absolutamente fóra da realidade política e da defensa das clases populares
O que dí "anonimo" de que inacio de que nos últimos anoa se adicou a fustigar o BNG e totalmente falso.
E unha mentira moi grande.
Por alusiós a participación de Inácio no tema "Refundación da Esquerda".Eu sí estou a participar neste proceso,e teño que dicer que Inácio participou CONVIDADO a dar unha CHARLA ECOLOXICA,a sua comparecencia foi a titulo INDIVIDUAL.Foi o encargado de iniciar un debate interno entre nós.
Falouse de Reganosa,de Pico Vello,do Carbón,das enerxías etc.
Recalcar que a "Refundación da Esquerda" é a CONFORMACIÓN de algo novo,non e patrimonio de IU.
A titulo persoa do que eu tratei con iste home podo dicer que o seu discurso e sempre Nacionalista Galego,e ecoloxista.
Calqueira dubida que poidades ter será clarexada no noso correo
Noso blog
refundandoaesquerda@gmail.com
Parabéns polo artigo
http://revoltairmandinha.blogspot.com/2011/03/que-caralho-jogamos.html
Logo diran que non existe tal corrente crítica que fustiga ao BNG.
Discrepas un pouco e xa saen ao ataque con todos os tópicos: que se mira que son maus os da UPG (que no bloque somos máis os que so temos carnet do BNG!) rescatamos a mentira da militancia do candidato do Bloque etc etc etc.
Por certo, eu non son parvo e non quero que me vendan a moto de que o tema da refundación non é patrimonio de IU, xa, contademe outra que ao mellor esa si que cola..
Interesante artigo de ADEGA que quere facer un chamado a manter os pés na terra e a traballar a favor substentabilidade e por unha sociedade en paz.
Avións espía en Trasmiras? 50 anos despois, benvido á Limia Mr. Marshall
Pois xa podemos ir pedindo o desmatelamento da Bazan por construir
barcos militares!. Ten Ferrolterra as mans manchadas de sangue por este feito?.
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon