Día Internacional das Mulleres
GALIZA NO 8 DE MARZO DE 2011Aquelas que nos precederon nos comezos do século XX, que loitaron en toda Europa polo dereito ao voto, pola igualdade ante as leis, polo recoñecemento dos dereitos de cidadás e por mellorar as condicións de traballo, cristalizando a partir do ano 1910 na celebración en todo o mundo do DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES, viron como a grande depresión económica e as dúas guerras europeas que a sucederon, puña freo ao seu movemento e relentizaba as súas reivindicacións.
As mulleres organizadas pariron ao feminismo como movemento social activo desde o século XIX. Na actualidade, o feminismo agrupa a todas as forzas sociais que loitan polos dereitos das mulleres e a igualdade. Na nosa sociedade, moitos destes dereitos conquistados con loitas xustas, están ameazados, e os que tiñamos sen acadar, aparecen nun horizonte cada día mais lonxano.
As sombras ameazadoras veñen con nome, crise económica e dereita populista, e teñen apelidos, neoliberalismo e patriarcado.
Reformas laborais, das pensións, recortes salariais, despidos masivos, privatizacións de servizos públicos, recortes de gastos sociais ... súmanse a un desmantelamento, rápido e sen pausa, de todas aquelas estruturas que nas institucións estaban servindo para aplicar as políticas de igualdade (Ministerio, Servizo Galego de Igualdade, Centros de Información á Muller).
As activistas feministas da Marcha Mundial das Mulleres, queremos, neste 8 de marzo do 2011, facer un chamamento á responsabilidade colectiva de todas as organizacións (partidos políticos, sindicatos obreiros e agrarios, organizacións ecoloxistas, movementos relixiosos progresistas, movementos veciñais, iniciativas culturais, organizacións xuvenís, movementos de renovación pedagóxica, movemento altermundista, organizacións de defensa da liberdade sexual, movementos en defensa dos servizos públicos, movemento na defensa da nosa Lingua ...) que están chamados a unir forzas para enfrontar o virulento ataque contra as conquistas sociais, que o capitalismo liderado polos poderes financeiros, está lanzando sobre Europa, para:
1- Incluír nas súas análises a perspectiva de xénero. É igualmente grave o despido dun traballador que dunha traballadora. É igualmente grave aumentar a idade de xubilación a homes que a mulleres. Recortar os dereitos laborais ou a capacidade de negociación colectiva, privatizar servizos públicos .... pero, todas as medidas que mandan aplicar os poderes financeiros chantaxeando coa débeda pública, non teñen o mesmo significado nin as mesmas consecuencias segundo se apliquen ao colectivo de homes ou ao colectivo de mulleres. Só coñecendo, e tendo en conta, en que medida partimos de situacións desiguais, estaremos en posición de reivindicar saídas xustas á crise, para todos, e tamén para todas.
2- A construción dun modelo económico e social alternativo, libre das imposicións dos mercados, ten que facerse sobre os valores feministas da IGUALDADE, CORRESPONSABILIDADE e PARIDADE. De xeito que inspiren todas as reivindicacións e loitas que nesta segunda década do século XXI, estamos na obriga de dar contra as forzas que nos queren retrotraer ao século XIX.
IGUALDADE, CORRESPONSABILIDADE E PARIDADE VALORES PARA OUTRO MUNDO POSÍBEL
O Neoliberalismo
O Feminismo
--
MULLERES EN MARCHA ATÉ QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!
Marcha Mundial das Mulleres
Coordinadora Comarcal de Ferrol Terra
Teléfono de contacto:
Coord. Ferrol: 696732735
http://www.feminismo.info
marchagaliza@gmail.com
Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.
Enlaces de interese:
- Web da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza
- Web internacional da Marcha
- Web da Terceira Acción Internacional
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
1 de março de 2011 10:53
http://lupeces.blogspot.com/
______________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon