Nos últimos meses son moitas as loitas sociais, sindicais , ... que teñen lugar na Comarca, a falta de traballo o aumento da pobreza e o desemprego, privatizacións e deterioro dos servizos públicos e de saúde, a privatización do centro "Souto de Leixa", ... e unha loita longa e contundente como a denuncia do despropósito gasístico que representa Reganosa, planta de gas localizada no corazón da nosa Ría ...
Representantes do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol concentráronse hoxe a mañá ante o Edificio Administrativo da Xunta, na Praza Amada García, coincidindo coa celebración nese lugar do Consello da Xunta de Galicia, para exixirlles -unha vez máis - o cese de actividade e o desmantelamento da Planta de Gas de Reganosa en Mugardos.
Unha Planta innecesaria, antieconómica, destructiva da riqueza da ría e amenaza constante da vida da cidadanía.
Unha Planta para a que, tras catro anos de funcionamento, e motivado polo sucedido en Xapón, proxecta agora a Xunta poñer en marcha un Plan de Emerxencia, burda manobra que non convence a ninguén, pois toda a cidadanía é consciente que de producirse un accidente convirteríase nunha traxedia con milleiros de mortos.
Fonte da Galería: https://picasaweb.google.com/reganosa.ferrol
Información baseada na enviada por:
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon