sábado, marzo 26, 2011

Un novo buque gaseiro, o "Catalunya Spirit", anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol, para o Luns 28 de Marzo - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha outra acción de protesta e denuncia

Tags


Este Luns 28 de Marzo de 2011, agarda-se un novo buque gaseiro que ten previsto entrar na Ría de Ferrol, para descargar en Reganosa. Unha vez máis, e xa van 87, a irresponsabilidade de gobernates, políticos e a cobiza dun grupo de empresarios e executivos de empresas multinacionais e locais, fan que a poboación que moramos na contorna da nosa Ría, estexamos en perigo. Un buque gaseiro cargado con miles de toneladas de GNL-LNG, entrando pola sinuosa e estreita canle da Ría, unha canle pouco profunda e de fondos rochosos, para logo atracar no peirao de Punta Promontorio -fruto da especulación, e estar máis de 24 horas poñendo en perigo a nosa seguridade. Logo no proceso de regasificación, miles de toneladas de auga da Ría vai ser utilizada, esterilizada e enfriada, para ser devolta á Ría morta e moi fria.

O Comité Cidadán manten a chama accesa da Loita contra o despropósito gasista, producto da cobiza e a corrupción. Contra a imposición dunha planta perigosa no corazón da nosa, xa moi depauperada, Ría. A oposición organizada a Reganosa, non cesaremos no noso empeño de conseguir o cese da actividade e desmantelamento da planta de gas de Mugardos. É por iso polo que seguimos convocando unha acción de denuncia e protesta, sempre que un buque metanero, neste caso o "Catalunya Spirit", entra na Ría. O mesmo Luns 28 de Marzo, ás 7 da Tarde, estaremos, nunha Concentración Sonora, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

O Comité Cidadán demanda unha vez mais a paralización e desmantelamento da Planta de Reganosa e hoxe en día, a realidade, vai colmando de lexitimidade esta exixencia:

Nunha coxuntura económica como a actual é un tremendo despropósito manter, a costa dos impostos de toda a cidadanía, unha Planta antieconómica e innecesaria só para lucro dos seus promotores.

Ante a triste situación que contemplamos estes días no Xapón, faise imprescindible valorar a extrema perigosidade desta Planta dentro da nosa Ría. De suceder calquera tipo de catástrofe natural, accidente no seu funcionamento ou agresión terrorista, pola súa improcedente e interesada ubicación, sería a ruina da comarca e das vidas dos seus habitantes.

Características do buque
Nome: Catalunya Spirit, Bandeira: España, Eslora: 284 m, Manga: 42.50 m, calado: 10.20 m, Puntal: 25.40 m, Capacidade: 138.000 m

Participa !!
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org



Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
25 de março de 2011 19:47
____________

APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade

CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995

Blog solidario coa veciñanza de Meá
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org


_____________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon