sábado, marzo 26, 2011

Protesta contra a agresión imperial a Libia, este Martes 29 de Marzo, convocada pola Asemblea Popular Contra a Guerra que agrupa a diferentes colectivos e organizacións da comarca de Ferrol Terra


A Asemblea Popular Contra a Guerra convoca a toda a cidadanía, o próximo martes 29 de Marzo, ás 20 horas na Praza do Concello de Ferrol, a unha concentración en rexeitamento á intervención armada de Occidente en Libia, co lema:

"NON Á GUERRA IMPERIALISTA"

A "Asamblea Popular contra a Guerra" manifesta e denuncia:

Libia: un país que posúe o 3,3% das reservas de petróleo do mundo, e que se atopa xeoestratéxicamente situado en medio de países con recentes e importantes cambios políticos, está sendo atacado por unha coalición de países ricos.

Unha vez máis, atopámonos que ante as revoltas que están a suceder nunha parte do mundo (esta vez, o Norte de África) as potencias occidentais emerxen coma xuices do planeta e, abanderados por Estados Unidos, co Premio Nóbel da Paz á súa cabeza, optan optan por exercer o control sobre estes levantamentos para así defender os seus propios intereses.

O método: a intervención armada. A excusa que elexiuse deixa ver a hipocresía dos gobernos que a promoven: a axuda humanitaria. Nunca se viu que a maneira de protexer aos civís sexa bombardeando ao pobo.

Unha segunda guerra líbrase actualmente nos medios de comunicación, onde os interesados lograron unha polarización da nova, dándose a entender que se non estás a favor desta guerra "legal" estás a favor do dictador Gadaffi. A realidade non é esta.
______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon