luns, marzo 21, 2011

Manifestación contra a Lei de Augas de Galicia - 20 de Marzo de 2011 - Vídeos

Tags

A auga é fundamental para as persoas, os animais e as plantas; é indispensable para a vida e para o sostemento do planeta polo que debe considerarse pública e universal, e debe cumprir antes de nada una función social de alimento e de hixiene. Neste sentido toda normativa sobre as augas deberá prohibir que se privatice, se saque beneficio ou se especule coa auga.
...
[Asi daba comezo o manifesto Unitario da Plataforma Galega contra a Lei de Augas de Galicia]

Máis de 2.000 persoas congregáronse hoxe, 20 de marzo (antevéspera do Día Mundial da Auga) en Santiago de Compostela, para esixir do Goberno de Feijoó a derrogación da Lei de Augas de Galicia. A marcha cívica, convocada pola Plataforma Galega contra a Lei de Augas, partiu ás 12:30 horas da Alameda, e rematou na Praza da Quintana, onde representantes das diversas organizacións que integran este movemento contra a privatización da nosa auga deron lectura ao Manifesto.


Video de Galizacontrainfo.org


Video de Galiciaconfidencial.com



Manifestación



Máis info en:

Plataforma de Ferrol Terra en Defensa da Auga


_________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon