martes, marzo 29, 2011

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol volta reiterar a súa denuncia contra a Planta de Gas de Mugardos - O tráfico dos gaseiros e a localización de Reganosa -ilegal e innecesaria- supón un risco permanente para a vida dos milleiros de persoas que habitan a súa contorna

Tags

Comunicado do CCE sobre a inseguridade da Planta e os gaseiros.

Onte 28 de marzo, fixo a súa entrada na Ría, de xeito ilegal, o “Catalunya Spirit”, cargado de GNL, a través dunha canle de 4,5 Km. e 150 m. de ancho navegable, con 86 cambios de rumo.

Ilegal, xa que os gaseiros cargados non poden cumplir a normativa de navegabilidade, no caso dunha emerxencia, dadas as condicións da Ría de Ferrol.

O tráfico dos gaseiros e a ubicación da Planta de Reganosa -ilegal e innecesaria- supón un risco permanente para a vida dos milleiros de persoas que habitan a súa contorna.

Unha planta que alberga 150.000 Tons. de GNL e está situada ao carón do Complexo “Forestal del Atlántico” con máis de 280.000 Tons. de combustibles e produtos químicos, ubicado todo elo a poucos metros das vivendas da veciñanza.

Un accidente fortuito nesas instalacións, unha catástrofe natural ou un acto terrorista (as Plantas de Gas son obxetivo prioritario de Al Qaeda), causarían unha traxedia irreparable nesta comarca.

Lembremos que no accidente dos Alfaques (1978), un camión-cisterna con 25 Tons. de gas líquido (propileno) matou a 243 persoas. Reganosa equivale a 6.000 camións ou 12.000.000 de bombonas.

Agora mesmo en Xapón, logo do terremoto e o tsunami, están a sofrir o desastre nuclear, con efectos impredecibles que afectarán non só os xaponeses. E esto ocurre despois de moitos anos desprezando ou silenciando as opinións de persoas sensatas que advertían dos peligros, pero o beneficio económico das empresas enerxéticas – igual que acontece con Reganosa – foron considerados máis importantes que a seguridade das persoas.

Aquí, a Dirección Xeral de Emerxencia da Xunta de Galicia, segundo un medio de comunicación, vai a completar o Plan de Emerxencia de Reganosa, catro anos despois da entrada en funcionamento da Planta. Esto da a medida da insensatez de quen, desde a administración pública, debería velar pola seguridade da cidadanía e non supeditala aos intereses dos promotores.

Nos vindeiros días o CCE vaise dirixir ao Valedor do Pobo para que lle sexa entregada a documentación requerida á Xunta –e todavía non recibida– logo do incendio ocorrido no mes de abril do 2010.

Exiximos, unha vez máis, anticipándonos a un accidente irreparable, o desmantelamento da Planta e a reapertura do gasoducto de Tui, bloqueado para beneficio dos promotores de Reganosa.

Ferrol, 29 de marzo 2011

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol


comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


ÁLBUM FOTOGRÁFICO DA PROTESTA DE ONTE

Enviado polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
29 de março de 2011 11:34
________________________________

APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade

CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995

Blog solidario coa veciñanza de Meá
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org


____________________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon