xoves, abril 07, 2011

Manifestación, Sábado 9 de Abril, ás 12 do mediodía ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, contra a agresión imperialista na Libia


Contra a agresión imperialista na Libia

Manifestación, Sábado 9 de Abril, ás 12 do Mediodía, na Praza Amada García, ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Libia: un país que posúe o 3,3% das reservas de petróleo do mundo, e que se atopa xeoestratéxicamente situado en medio de países con recentes e importantes cambios políticos, está sendo atacado por unha coalición de países enriquecidos.

A Asamblea Popular contra a Guerra demanda o cese inmediato das agresións de corte imperialista antes de que se derrame máis sangue inocente. Mañá mesmo este ataque pode convertirse nunha traxedia de tales dimensións coma a da guerra de Iraq, onde máis dun millón de mortos evidencian o desastre dunha intervención armada coma resolución de conflictos. Pero os medios de comunicación seguen a vendernos que ambos son conflictos totalmente distintos, e que o de hoxe está enteiramente xustificado, xogando así un papel esencial na propaganda belicista.

Non podemos ser cómplices da miseria da guerra.

NON Á GUERRA IMPERIALISTA!!!

Asamblea Popular Contra a Guerra
http://contraaguerra.wordpress.com
_____________________

7 comentarios

Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

Lembrar para quen quisera facer un comentario que:

o contido do mesmo debe ser relevante ao asunto do artigo

e que os ataques persoais serán eliminados.

Obriga@s

CA21


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon