Este Sábado 9 de Abril, está previto que un novo buque gaseiro - o "LNG Finima" -con máis de 28 anos de antigüedade, entre na Ría de Ferrol para descargar miles de toneladas de GNL-LNG na Planta de Gas de Mugardos. Este faría o buque nº 88 para Reganosa desde que que o fixera, en Maio de 2007, o "Galicia Spirit" ...
O despropósito gasista instalado no corazón da nosa Ría, segue ameazando as nosas vidas. Unha instalación imposta ao lado dos núcleos de poboación, encostada a un perigoso complexo petroquímico chamado "Forestal del Atlántico, SA", aumentando exponencialmente a perigosidade da planta regasíficadora. Xa non digamos cada vez que entra un buque cargado con 138.000 m3 de gas natural licuado, pola estreita, longa, sinuosa, de fundos rochosos e de pouco calado canle da Ría. Sempre que as condicións metereolóxicas o permitan, cousa que non sucede, unha de cada catro veces. Pois o mal tempo reinante impediu, en máis de 20 ocasións, que os buques gaseiros puideran entrar na Ría, as veces até por varios días como foi o caso do “Cheikh el Mokrani” o pasado mes de Febreiro.
A grande capacidade de destrución do conxunto: gaseiro, regasificadora e complexo petroquímico, dentro da Ría, supón unha grande irresponsabilidade das autoridades públicas, só a cobiza e a corrupción, fan que esta situación non mude. O movimento opositor a este depropósito gasista, non cesaremos na loita até conseguir o desmantelamento desta ameaza.
Como ven sendo habitual, sempre que un buque gaseiro anuncia a entrada na Ría, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convocou unha acción de denuncia e protesta, desta vez noutro horario, ás 8 da Tarde do mesmo día Sábado 9 de Abril de 2011, na Praza Amada García, dinate do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.
Atención: NOVO HORARIO DA CONCENTRACIÓN 8 DA TARDE
Características do buque:
Nome: LNG Finima - Bandeira: Bermudas - Eslora: 287 m. - Manga: 42 m. - Calado: 11 m. - Capacidade: 133.000 m3.
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Información baseada na enviada por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
7 de abril de 2011 17:14
___________APOIO ECONÓMICO
O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade
CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA
Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995
______________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon