A Ría de Ferrol está moi depauperada, cantidades enormes de augas residuais urbanas son verquidas diariamente desde moitos puntos da súa contorna. Os verquidos industriais continúan. E non hai quen poña freo aos verquidos que moitos buques realizan sen nengún tipo de controlo. Non hai autoridade ningunha que poña freo a tanta agresión contra o medio ambiente.
A nosa Ría é un verdadeiro sumidoiro.
A depuradora de Prioriño Chico xa está construída, falta o emisario submarino que levará as augas depuradas varios centos de metros mar a dentro. O túnel -emisario terrestre- de case 7 Km desde A Cabana até a depuradora, xa hai máis de dous anos que está construído e rematado o seu encofrado interno, a estación de bombeo d'A Cabana, leva máis de 3 anos construída. Falta un traballo fundamental responsabilidade dos concellos de Narón e Ferrol, e "Augas de Galicia", que non souberon estar á altura das circunstancias, deixando deteriorar os colectores xerais e non construíndo as necesarias ramificacións, enlaces secundarios e nós de distribución. A Ría de Ferrol esmorece porque os nosos gobernos municipais e autonómicos actuaron con deixamento e neglixencia. Sacrificar a Ría de Ferrol, estaba nos planos dos diferentes gobernos Fraga, e ese terrorífico plan, puido ser executado sen case oposicións desde outras administracións. A construción de Reganosa no corazón da Ría é unha proba de-lo.
Hoxe pola mañá unha mancha viscosa de cor amarelo entraba na Enseada de Caranza procedente doutra banda da Ría, o vento sopraba forte do oeste traendo a citada mancha. Na outra banda da Ría había dous buques atracados en "Forestal del Atlántico", un no pantalán de deslastre e desgasificación e outro no peirao de Punta Promontorio, que elevou ancoras sobre o mediodía. En Navantia outro buque reparaba no peirao de carenas.
Non se pode permitir que segan emporcando, contaminando e destruindo a nosa Ría. A defensa da Ría ten-se que converter nunha das principais bandeiras reivindicativas do movimento ecoloxista e social transformador desta Comarca. Do estado de saúde da nosa Ría, depende o noso estado de futuro, ... depende o noso futuro.
Aquí foi detectada a mancha
Aquí, a mancha metida xa na Enseada de Caranza
Galería Fotográfica:
Enlace ao Álbum para baixar-se as fotos:
https://picasaweb.google.com/106143527174636919226/VertidoAmareloNaRiaDeFerrolAbr92011?feat=directlink
________________
4 comentarios
Sei que a na Ría de Ferrol os que verten non pagan, e que hai unha enorme cantidade de verteduras, pero polas imaxes que vexo neste artigo, e porque este días andiven pola Ría e vin tamén manchas semellantes, esas manchas ao meu ver non parecen ser unha vertedura senón manchas de polen. Probablemente de polen de eucalipto.
Podedes confirmar que o vertido cheira mal? de ser así, é posible que efectivamente sexa unha vertedura de Forestales del atlántico, Reganosa, Navantia ou Megasa. Se como digo, se trata de polen, non cheirará e poderedes ver que está formado por pequenas partículas se vos achegades moito.
Seguide adiante co voso traballo. É moi importante a vixiancia da Ría e de todos os entornos naturarais da contorna. Noraboa polo voso blogue, é moi completo e actualizado, aínda que desta volta non concorde co que digades.
A plataforma en Defensa das Rías non terá nada que decir deste verquido?
Dicir que dende que contruiron o porto exterior co seu dique, a auga da ría non renova coma antes. Vai ser que a ría xa non é nosa... é da merda(literal)
Provavelmente que tenha razom "mar abaixo" de que a mancha fora de polem, e que o vento provavelmente que a trouxera para esta zona de Caranza. Pois na outra ribeira, polo lugar do Seixo -Franza-Mugardos, hai umha importante masa de eucaliptos e o vento soprava oeste, suroeste. A Enseada de Caranza é umha zona, tam fermosa como irrecuperável por si só. Por outra banda, a viscosidade da mancha pode dever-se aos aceites e gasóleos que hai permanentemente no lugar, pois em pouco espaço, e semifechado polo espigom, vertem três colectores, dous deles gerais.
Inácio
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon