De novo un buque gaseiro ten prevista a súa entrada na Ría de Ferrol, cargado con miles de toneladas de LNG/GNL para a ilegal e perigosa Reganosa. O LNG "Port Harcourt" que é o nome do buque agardado, de entrar, faría o 89 gaseiro para a planta regasificadora de Mugardos, desde que o fixera, en Maio de 2007, o "Galicia Spirit" ...

en Mugardos dentro da Ría de Ferrol - Foto: Suso - Ferrol]
Outra volta, a entrada na Ría dun buque gaseiro, fai saltar a alarma social do despropósito gasista que é Reganosa, instalada no corazón da nosa Ría, a poucos metros dos núcleos de poboación, poñendo en perigo ás miles de persoas que moramos na súa contorna.
Diante desta situación, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca unha nova acción de denuncia e protesta, mais desta volta a Concentración terá lugar en Esteiro, na Praza do Hino Galego, comezando unha nova forma de acción, rotando as mobilizacións por diferentes lugares e barrios, dun xeito itinerante, co obxectivo de chegar coa protesta a un número maior de persoas. Ademais de difundir entre a poboación, en sintese, 10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?.
CONCENTRACIÓN EN ESTEIRO,
NA PRAZA DO HINO GALEGO,
ÁS 8 DA TARDE, DO SÁBADO 23 DE ABRIL
NA PRAZA DO HINO GALEGO,
ÁS 8 DA TARDE, DO SÁBADO 23 DE ABRIL
Características do buque:
Un vello buque de máis de 35 anos de antiguidade [construído en 1976], o “LNG Port Harcourt”, con bandeira convencional d'as Illas Bermudas, de 274.20 m de eslora e 42 m de manga, 12 m de calado e 122.000 m3 de capacidade.
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!

comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Información baseada na enviada por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
20 de abril de 2011 23:59
___________APOIO ECONÓMICO
O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade
CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA
Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995

______________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon