xoves, abril 14, 2011

Pode-se explicar mellor? - Organizando-se para resisitir aos desafiuzamentos - Vídeo


En todo o mundo o povo organiza-se para combater e organizar a resistencia a ser desaloxad@s das súas casas polos bancos. Un exemplo de loita, forza e tenacidade. No mundo occidental, berce do neoliberalismo, as persoas están-se organizando para combater unha das maiores inxustizas do sistema Capitalista, deixar-nos sen teito. Apelar á desobediencia civil, á resistencia e á oKupación das vivendas desaloxadas para defender o lexítimo dereito que temos tod@s a vivir baixo un teito. O dereito a unha vivenda digna debe ser outra das bandeiras do movimento social transformador da nosa Comarca.

O Colectivo Afectados pola Hipóteca recomenda un interesante vídeo

Neste vídeo visualízase a resistencia que opón o pobo americano a ser desafiuzado das súas casas, polos bancos. No mismísimo berce do neoliberalismo a xente estase organizando para combater ao sistema capitalista. Exemplar igualmente a actitude do xerife, que declara o seu Estado libre de desaloxos así como a vehemencia dunha congresista que apela á desobediencia civil, á resistencia e á ocupación das vivendas desaloxadas para defender o lexítimo dereito que temos todos a vivir baixo un teito.

Organizando-se para resisitir aos desafiuzamentos! from Afectadosporlahipoteca on Vimeo.


Tampouco vos perdais este outro vídeo onde a Plataforma de Afectados pola Hipoteca -PAH- evita un desafiuzamento.



Sitios na rede:

afectadosporlahipoteca.com

http://vimeo.com/pah

Baseado na información enviada por:
Fernández Sixto, Juan - Monturas (FE)
-jefernandez@navantia.es-
14 de abril de 2011 08:08
______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon