A Unión Comarcal da CIG de Ferrol ten convocada unha manifestación o vindeiro xoves 14 de abril, ás 20:30 horas, en defensa do emprego e da comarca. Así o anunciaron esta mañá en rolda de prensa os voceiros comarcais, Manel Grandal e Xesús A. López Pintos, quen alertaron da situación de emerxencia na que atopa Ferrolterra e acusaron aos responsábeis políticos de tomar decisións que non só non favorecen á comarca, senón que a prexudican, dificultando a súa recuperación nun futuro próximo.
A manifestación, que sairá ás 20:30 horas do local sindical (Avenida do Esteiro) e rematará na Praza de Armas, está aberta ás organizacións sociais e políticas que se queiran sumar a esta mobilización en defensa da comarca. Para iso, mañá, venres, ás 19:00 horas terá lugar unha xuntanza no edificio da CIG para explicar aos diferentes colectivos e partidos os motivos da marcha e buscar os máximos apoios. A manifestación coincide tamén no tempo coa protesta convocada pola CIG de Vigo en defensa do sector naval e do emprego.
Grandal e Pintos subliñaron que as comarcas de Ferrol-Eume-Ortegal teñen acadado cifras históricas de desemprego, máis de 18.000 parados e paradas, e son as únicas comarcas urbanas da Galiza que perden poboación, cunha alta taxa de amigración, sobre todo entre a mocidade. Así mesmo, matizaron que a situación na que se atopa a comarca non vén derivada só da actual conxuntura de crise económica orixinada polos mercados financeiros, senón que tamén é consecuencia de certas decisións políticas “que limitan ou impiden gravemente a nosa capacidade produtiva”. Os voceiros da CIG de Ferrol denunciaron que non existe vontade política para adoptar medidas que palien o progresivo deterioro socio-económico, polo que demandaron dos gobernos unha aposta clara polo futuro da comarca.
Así, apuntaron á limitación á construción naval civil no estaleiro de Fene; a paralización do Centro Tecnolóxico Naval; o decreto do carbón (cuxas consecuencias, alertaron, comezarán a notarse con máis intensidade logo das eleccións); a derrogación do concurso eólico do anterior goberno da Xunta e a non aprobación de ningún dos proxectos presentados por empresas instaladas na comarca; a resolución do concurso sobre centrais de biomasa; a falta de normativa que permita producir ás empresas biodiésel (lembraron que existen tres factorías que poderían dar emprego a unhas 150 persoas, pero que están practicamente paralizadas); o atraso no saneamento da ría; ou as carencias en infraestruturas.
A respecto da situación que atravesan os estaleiros, cunha preocupante falta de carga de traballo que en poucos meses comezará a sentirse na destrución masiva de empregos, os responsábeis da CIG de Ferrol lembraron que hai unhas semanas o goberno español tomou a decisión de contratar cinco buques a Navantia-Cádiz, mentres mantén na maior incerteza o futuro de Navantia-Ferrol, sen novos contratos e incumprindo os investimentos do goberno para a área de reparación e carenas, a pesar de que o sector da reparación de buques é viábel e ten unha gran demanda, especialmente no caso dos gaseiros.
Así mesmo, Pintos e Grandal cuestionaron os sucesivos plans de reindustrialización aplicados en Ferrol, utilizados como propaganda política en tempos de eleccións, mais carentes de investimentos de carácter estratéxico que poidan ter algunha incidencia real no tecido produtivo da comarca.
Por iso, os voceiros da CIG de Ferrol censuraron a falta de vontade política para achegar solucións, e os orzamentos precisos, que permitan a comarca saír da situación de emerxencia na que se atopa. Fronte a isto, animaron a toda a cidadanía a participar na manifestación do 14 de abril “para evitar caer na confusión interesada de que a nosa situación socio-laboral é produto exclusivo da crise mundial, sen responsabilidades do noso entorno político e económico máis próximo”.
Confederación Intersindical Galega - CIG
Enviado por:

Críticas ás decisións políticas que prexudican á comarca

Situación crítica nos estaleiros

Fernández Sixto, Juan - Monturas (FE)
-jefernandez@navantia.es-
14 de abril de 2011 08:44
____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon