sábado, abril 02, 2011

Sartaña Liberada - A veciñanza de Sartaña interven no Pleno onde se rescatou a Praza de mans privadas, entregada no seu momento cando gobernaba a cidade o PP con IF - Sartaña Sempre Pública - Vídeo e Fotos


Desde o ano 2005, a veciñanza da Praza de Sartaña ven loitando para que Sartaña sempre sexa pública. Con esta reivindicación a veciñanza de Sartaña que integran o Colectivo Veciñal, expresaba unha demanda para protexer unha Praza Pública que estaba ameazada polo despropósito urbanístico do anterior Goberno Municipal [PP e IF] liderado por Juan Juncal, con o seu delfín o actual alcaldábel do PP José Manuel  Rey Varela. O promotor do despropósito era Leopoldo Ibáñez Santiago, que foi Concelleiro de Deportes e Presidente do Patronato Municipal de Deportes. Pertenece ao Grupo Político de Independientes por Ferrol -IF- e que segue como concelleiro na actual lexislatura. Temos que aledarnos que grazas ao resultado das eleccións non ten responsabilidades de goberno. Durante os anos de Concelleiro de Deportes fixo muitas amistades, entre as que se atopa SERVIOCIO, empresa concesionaria [a única que se presentou á licitación] do proxecto do Centro de Saúde, Deportivo e Lecer de Sartaña [mini piscina incluida]. Un pretendido Centro de Saúde, Deportivo, ... que coa tapadeira do eufemístico nome só escondía unha empresa privada de hostelería e servizos que suporía a desaparición dunha Praza de interese veciñal e uso público. Logo dunha longa loita a veciñanza consigueu que no Pleno do pasa 31 de Marzo de 2011, a Praza de Sartaña volte a ser pública.






Artigos en Ártabra 21: Sartaña Sempre Pública

Galería Fotográfica:


[Clicar acima da imaxe para entar na Galería Fotográfica]
________________

2 comentarios


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon