versión ás 14:00 do 25 de maio de 2011
“Mexan por nós e quérennos dicir que chove”: é precisa unha #galizarevolution?
A idea dun movemento propiamente galego de ... indignación –inserido, por suposto, no contexto mundial– xurdiu a primeiros de maio dun grupo de mozas e mozos de distintas comarcas galegas e de distintos ámbitos sociais e políticos que críamos que a resposta á falta de “democracia real” tiña que ter en conta tamén a situación de Galiza como “nación oprimida”, e con ela a solidariedade con todos os pobos do mundo. Xa dende as protestas en Portugal nos rondaba a idea na cabeza, pois somos xente que queremos facer nacer un modelo de sociedade novo dende o noso recanto do globo terráqueo. Sobre isto, copiamos unha das intervencións no grupo de debate, achegada por Raúl Asegurado:
“Non hai forma máis internacionalista de axir que asumindo o protagonismo histórico e político no que te identificas, e sentindo cada bandeira de liberdade que se mova en calquera lugar do mundo e facéndoa propria, mas asumindo que temos que libertarnos por nós mesmas e mesmos; eu, independentista, abrazo con entusiasmo o que se está a facer en Madrid, e interpélame a ser consecuente aquí, asumindo o protagonismo, non mimetizando un comportamento doutra esfera de poder e doutro referente soberano. Independentismo e solidaridade co pobo español, aínda que a muitos non lles entre, non é antagónico, máis ben é tradicional na historia do noso nacionalismo, sempre sumamente construtivo, de esquerdas, emancipador e irmandiño, no senso republicán da fraternidade da Revolición Francesa”.
Ademais, dende o principio consideramos moi importante dispor dun “caixón das ideas”, dun think-thank, a libre disposición, co obxectivo de facer unha especie de “argumentario” ou charla tipo, ou presentación de diapositivas coa que cada persoa que o desexase puidese explicar á xente máis moza –e a toda a xente, de calquera condición– cómo funciona o mundo, organizando charlas, encontros ou coloquios nas distintas localidades da Galiza. Algo didáctico e moi sinxelo, tendo en conta que a concienciación, o coñecemento é o primeiro paso para a rebelión.
versión ás 14:00 do 25 de maio de 2011
Con estas ideas iniciais lanzamos na Rede a pregunta –aquí non hai certezas–: é preciso uha rebelión galega? Así, puxemos en marcha un blogue (http://mexanedinquechove.blogspot.com/), un manifesto de partida (incluído abaixo en anexos – anexo 1) e unha frase típica galega dos tempos do Fragasaurius para expresar a indignación: “mexan por nós e quérennos dicir que chove”. No blog definíamonos así:
“En 'Mexan por nós' somos xente que queremos vivir en democracia, nunha democracia de verdade, con decisión sobre os asuntos económicos, sen oligopolios económicos, mediáticos nin de ningún tipo, que queremos poder vivir dignamente na nosa terra, que non queremos seguir a destruír o planeta nin que a maior parte da humanidade viva na miseria para que unha minoría de ricachóns gañe cada vez máis”.
A partir de aí a xente interesada foise anotando nun grupo creado no Facebook (#galicianrevolution, que agora se chamará, tras votación, #galizarevolution) e dende o 15M foron xurdindo debates e propostas de acordo sobre un movemento, ou corrente de pensamento, “galeguista” de indignación e rebelión.
Somos xente moi diversa, que participa ou non en forzas políticas do eido nacionalista e en movemento socias. Ao principio estabamos algo desorientados coas mobilizacións, pois as mensaxes que se recibían e as experiencias dalgunha xente eran de seguidismo acrítico das propostas da Porta do Sol, mais este movemento chamado do 15M é complexo e foi evolucionando dende o primeiro día. Por exemplo, a xente máis moza foi aclarando que non era “apolítico” –como inicialmente se definía–, senón “apartidista”, a acampada de Compostela amosou o seu desacordo con puntos do manifesto da porta do Sol, comezouse a empregar o galego, incorporouse a cuestión de xénero … (grazas a Séchu Sende polas impresións dende o Obradoiro, que incluímos en anexos – anexo II). De feito, o manifesto da #acampadaobraoiro – reproducido en anexos –, é moito máis completo e adecuado á realidade galega que o consenso de mínimos proposto pola acampada de Palma de Mallorca para todo o Estado (tamén en anexos – anexo III) e recollido xa pola acampada de Vigo. A acampada de Ponteareas pronunciouse cun manifesto propio (anexo IV).
versión ás 14:00 do 25 de maio de 2011
Neste grupo de debate na Rede, fóronse decantando dúas posturas: a de quenes queren crear un movemento propio, que trascenda as prazas, que inclúa nas reivindicacións de democracia real o dereito autodeterminación e a de quenes individualmente aspostan por ir ás concentracións e falar alí, aportando ideas do eido nacionalista, nun diálogo recíproco entre a xente que se sumou por primeira vez ao activismo político e a que xa leva anos. De feito, a maior parte da xente da #galizarevolution participou nas concentracións.
En todo caso, ambas posturas non son excluíntes e pódense concretar en:
1 – Crear unha comisión organizadora da #galizarevolution, que se encargue de coordenar a convocatoria de asembleas e oncentracións, coordenar accións e completar o manifesto ou facer un consenso de mínimos galego, recollendo propostas, pondo unha data concreta para acadar ese consenso de mínimos, -unha data próxima na que se convoque tamén unha manifestación nacional en Compostela, como apuntaba Miguel Anxo Abraira–.
A data e lugar para constituír esa comisión ou coordenadora nacional da #galizarevolution será o 28 de maio no Obradoiro en Compostela ás 18:00, pois ás 20:00 (hora preferida pola xente no grupo) hai asemblea xeral, onde a participación é individual, loxicamente. Falouse moito de evitar o ensimismaneto e o distanciamento coa xente da praza. Se hai concentración nese momento (18:00 horas) o ideal sería pedir ás persoas que xa están a organizar a praza a constitución dun grupo de debate chamado #galizarevolution. Esta comisión tamén se encargará da comunicación (blogue – xa xestionado por Jon Amil, que o pasará a Blogaliza –, xestión da conta de correo mexanpornosdicindoquechove@gmail.com e do facebook e twitter).
É urxente, por tanto, decidir coordenadores/as desa primeira xuntanza en Compostela do 28M no Obradoiro ás 18:00 horas e de outras xuntanzas no resto de Galiza. [De momento, ese día e hora hai confirmada presenza da #galizarevolution en Compostela, Monforte (participando na asemblea xeral con propostas), O Morrazo e Ponteareas, confirmade maís a medida que o saibades].
2 – Ir ás concentracións galegas (dende XA!) con propostas concretas.
versión ás 14:00 do 25 de maio de 2011
Así, Raúl Asegurado Pérez e Paula Vázquez Verao propoñen traballar en propostas concretas para levar ás concentracións. Xa se foron perfilando as seguintes.
- Renda Básica de Cidadanía. Hai información aquí:
http://www.nodo50.org/redrentabasica/textos/index.php?x=127
- Referénduns sobre cuestións importantes.
- Dereito á liberdade cultural e mediática, proposta de Ângelo Lodeiro.
- Dereito de autodeterminación para todas as nazóns sen estado. A cuestión dos dereitos colectivos dos pobos.
- O feminismo como aspecto imprescindíbel en calquera revolución. Idea de Fátima Peón-Torres apoiada por María Castelo Leston e mais xente.
- Crítica da estrutura da Unión Europea.
- Establecemento de leis contra a corrupción. David Rapacha propón guiármonos pola de Finlandia.
- Fiscalización da actuación d*s candidat*s ás eleccións, proposta de Hector Rodriguez Vidal, “por exemplo, estabelecendo percentagens de (in)cumprimento de promessas eleitorais (fornecidas de estudos sérios) ou cousas desta guisa.”
- A cuestión do colapso ambiental. Iolanda Aldrei propón estes puntos para o manifesto:
1 - A terra como lar e sustento do povo galego, é um património para respeitar e cultivar de jeito sustentável, fomentando a geração de riqueza agro-florestal intimamente unida ás nossas raízes culturais, à nossa idiossincrasia como povo e ao nosso relacionamento com outros povos. Os campos cultivados e os bosques galegos são o espaço próprio que deve versión ás 14:00 do 25 de maio de 2011 ser tratado com respeito ecológico, perspectiva económica, espiritual, antropológica, arqueológica e biológica como a referência geográfica e histórica do nosso povo.
2 - Num mundo no que as fronteiras políticas têm menos importância na comunicação entre os povos, e as redes culturais se tornam mais doadas como veiculo de comunicação para a humanidade, as galegas e os galegos devemos priorizar os relacionamentos na nossa língua comum com os outros povos galegófonos ou lusófonos do Planeta, assim como o nosso entendimento cultural, mítico, antropológico e arqueológico com as nações celtas. Estes nós devem ser reforçados como rotas de união para nos apresentar ao mundo.
A propia Iolanda Aldrei, David Outeiro Fernández e Javier Foz poderían ser un bo equipo para concretar estes puntos, a quen se podería unir Eva Nion, que fixo a seguinte:
“A cesión de uso de solo é o único modo de tirar adiante coa terra e co país. Concesións con alugueres (100-300 euros) e responsabilidade de mantenhemento a 50-75 anos no rural.
Dereito á explotación, a autoxestión, etc. A min paréceme unha das chaves para un futuro un pouco mellor xestionado, sosteníbel, e viábel”.
Tamén Begoña Maira Benítez engade máis puntos: “Defensa da terra viva e digna para todas, non á incineración, envasese retornabeis, aforro enerxético, non ao AVE, non ao plan do litoral, non ás piscifactorías, saneamento das rías para poder vivir nelas e delas.
ecuperación, mantenemento e reforzamento do transporte público ferroviario ordinario porque o AVE a parte do custo económico, deterioro medioambiental, etc, é un transporte que maioritariamente so se poden permitir as clases mási acomodadas e provoca deixación das redes ferroviarias tradicionais de menor custe para a clase traballadora”.
E Maria Castelo Leston indica que haberá que concretar máis custións sobre o rural.
- Cambio do sistema electoral: plantexar a circunscripción única galega e eliminar o mínimo do 5% para obter representación (a acampada de Compostela xa aprobou algo disto): debate plantexado por Marcos Celeiro, Alberte Domínguez e Fernando de Trasancos.
versión ás 14:00 do 25 de maio de 2011
- Exercer o poder que temos como consumidores: “nom consumir prudutos nom respetuosos com o medio ambiente, preferir o nosso e o que respete a nossa cultura, produtos de multinacionais que usem mao de nenos escravos ou de homens o mulheres com condicons de trabalho indignas. Campanha de informações arredor da economia dos paises do terceiro mundo e de como o nosso consumo incide nas suas vidas: imposição de mono-cultivos que gera fame por falta de outros alimentos, custo em vidas e miséria do nosso carburante, trebelhos eletrónicos, pantalões 'lavados à pedra', etc...”, algo apuntado por Lola, quen tamén propón “fazer uma proposta para deixar de comprar cousas nom básicas-comida- entanto na informação do produto, não conste onde é que se fez, quanto cobravam os que o fizeram e as condições de trabalho. Solidariedade de clase, com os trabalhadores de todo o mundo. Para que as informações for verdadeiras, criar um organismo mundial que em cada país se encarregue de comprobar. Uma inspeção de trabalho a nível mundial”.
Cuestións tamén tratadas por Viçente da Veiga.
- No eido do ensino, Clara Figueroa fai as seguintes propostas, na procura dun ensino público, laico, galego e antipatriarcal:
PEDAGÓGICA: O professorado na Galiza está especialiçado. Hoje na Galiza no Ensino Obrigatório boa parte do professorado anda a dar aulas em especialidades alhéias. Isto prejudica gravemente a qualidade em Educaçao. O alunado nao recebe a formaçao necesária nestas matérias e o professorado padece consequências psicológicas nefastas por nao ter preparaçao para a matéria que lhe ordeam impartir de repente, sem formaçao em ela.
ENSINO PÚBLICO E LAICO: Nao se pode continuar o financiamento público do ensino privado. Por ser privado tém fontes de financiamento privadas. O financiamento do ensino privado tém desviado montes de dinheiro que deberiam ter melhorado as condiçoes do ensino público nas últimas décadas. Resultado disto, hoje se podem constatar as grandes diferenças que há entre os Centros Privados Sostidos com Fundos Públicos e os Centros Públicos e isto traduz-se na qualidade da educaçao. Há que reparar o prejuíço em que se encontra o ensino público.
Além disto, de maneira nehuma se financiarao Centros Educativos Privados em cuja actividade diária se promova a segregaçao entre os sexos; pois atenta contra a legislaçao vigente na C.C.A.A. Galega e no Estado Espanhol.: Nenhuma pessoa será discriminada por razao de sexo. versión ás 14:00 do 25 de maio de 2011.
Da mesma maneira nao se poden financiar com dinheiro público os Centros Educativos Religiosos pois atenta contra a legislaçao vixente na C.C.A.A. Galega e no Estado Espanhol, em cuja Constituiçao se declara que o Estado Espanhol é um Estado Aconfesional e, por tanto, nehuma religiao terá carácter estatal.
A religiao tém que saír do Ensino Obrigatório, saír das Escolas, e passar a ser uma opçao pessoal individual em tempo de lazer, como qualquer outra.
Tém que restabelecer-se a matéria de Ética pois o Ensino Obrigatório tém que oferecer ao alunado a possibilidade de compreender-se a sí próprio como Pessoa, como parte de uma sociedade concreta no tempo e no espaço e como parte de um mundo complexo e diverso.
ENSINO GALEGO: derrogación do decreto do plurilingüismo e maior integración no ámbito de fala galego-portuguesa.
“Por causa da clara discriminaçao que sofre o galego em relaçao ao espanhol, e contando, Galiza, com duas linguas em Oficial Situaçao de Co-Oficialidade, deve caír o Decreto de Plurilingüismo aprovado polo Governo do PP em Galiza no periodo de regência de Núñez Feijoo. É uma realidade que o número de galegofalantes desce à cada vez mais e nas cidades já se encontram pessoas novas que nao sabem falá-lo. Hoje no nosso território falam-se ambas linguas e o justo é que tod@s os galeg@s tenham competências nos dous idiomas.
Que o nosso idioma galego seja aceite de acordo a esta definiçao e que @s galeg@s possamos acceder à TV portuguesa e de outros países lusófonos, que podamos contar com materiais escolares já impresos em países da nossa fala, que se fomentem os encontros profisionais com a lusofonia..tudo isto e máis impedirá que o galego da Galiza desapareça”.
- David Rapacha propón o debate sobre o modelo de Estado, opóndose á Monarquía, e Begoña Maira Benítez fala da apertura dun novo proceso constituínte.
- Begoña Maira Benítez propón reclamar medidas que verdadeiramente apoien ás familias: “Desenrrolo dunha ampla, digna e gratuita rede de sevicios de apoio á 'familia' tales versión ás 14:00 do 25 de maio de 2011 como axudas económicas, garderías, centros de maiores e dependentes que faciliten as mulleres a súa integración laboral, xa que logo seguimos a ser nós as que maioritariamente asumimos os coidados e tarefas reproductivas e de coidados de os maiores e os depedentes.
No 2009 no estado español só un 38% das mulleres adultas estaban integradas ao mercado laboral, cando a media da UE era do 53%”.
- Dereito a vivir en galego: derrogación das leis que impoñen o castelán en Galiza.
- Derrogación da Lei de Partidos e da Lei Antiterrorista, que, como aporta David Rapacha, “elimina o direito fundamental de qualquer cidadao preso a ter o seu advogado próprio presente durante os cinco primeiros dias de interrogatório, o qual propícia as torturas que mesmo 'Amnistia Internacional' denúncia. Elimina tamém o direito do preso a saber, no momento da detençom qual é a acusaçom”.
- Revisión da Lei de Memoria Histórica, propota de Begoña Maira Benítez (anexo V).
- Oposición ao poder financeiro internacional, proposta de Maria Castelo Lenton:
“Rejeitamento do sistema financieiro atual e de qualquer reforma deste que não suponha o seu submetemento aos intereses dos cidadães e de uma economia sustentavel, respeutosa com o medio, e com o desenrolo humano em toda a sua extensão.
A cultura e os desportos deberão ser tratados como dereitos do ser humano para a realização persoal e não como privilegios e deberão quedar também fóra das canles especulativas de mercado”.
- Retirada da Reforma Laboral aprobada polo Parlamento do Estado.
Tamén houbo propostas concretas de accións. Por unha parte, propostas de accións locais – cunha lectura global á vez – coma a de Armando Ribadulha: concentrarse diante de Marineda City en defensa do pequeno comercio galego fronte ás grandes superficies e multinacionais ou a de Xabier Seixo sobre a toma simbólica da Deputación de Ourense. Propostas máis xerais foron a de ocupar a TVG e facer unha “queima simbólica nas praças públicas de exemplares dos jornais falsimídia do sistema”.
Tamén se plantexou a retirada de diñeiro dos bancos, co cal a xente de #galizarevolution se suma á retirada simbólica de 155 € dos bancos prevista para o 30 de maio. Contra o poder financeiro internacional, Begoña Maira Benítez aboga por adherirse “á plataforma que ten presentado unha denuncia contra as axencias de calificación de débeda soberana (esas que xogan a dicir 'ohhh, a túa débeda non vale nada, é unha basura'; a pasamos de c111 a d+1 y su p. m..), e así fan perder moiiito diñeiro aos erarios públicos (entre eles o noso que xa está na picota) e aos pequenos aforradores, e se embolsan enoooormes cantidades de diñeiro suxo da ESPECULACIÓN”.
A idea máis repetida e da que máis gosta a xente é a de vontade de diálogo, de contacto humano, de aprendizase mutuo, de chegar a uns mínimos en común entre a xente que temos conciencia galeguista e a que se achega ao activismo por vez primeira.
Destacaba Manoel Santos nun artigo (anexo VI) que “o movemento do que estamos a falar pouco o nada vai ensinar, dende o punto de vista ideolóxico e de construción versión ás 14:00 do 25 de maio de 2011 propositiva, a quen leva anos a loitar contra o sistema, a quen levan anos indignados ou indignadas. As críticas case sempre van rematar nas mesmas conclusións antisistémicas.
Porén, si pode aprendernos moito, moitísimo, sobre novos xeitos de proceder, de organizármonos e de chegar á xente para sumar masas críticas á loita, que debería ser o obxectivo primario do activismo. Fuxir desta escola renovada de política social que parece estar a agromar, como se xa tivésemos todo aprendido, só delata un ensimismamento tan inútil como fachendoso e desprezativo”. Esta cuestión, a das novas formas de militancia, é complementada por Xavier Carriba, cun texto de Toni Negri: "... esta nova militancia non repite meramente as fórmulas de organización da antiga clase obreira revolucionaria. Hoxe, o militante non pode pretender ser un representante, nin sequera das necesidades humanas fundamentais dos explotados. Pola contra, hoxe a militancia política revolucionaria debe redescubrir a forma que sempre lle foi propia: non a actividade representativa, sinó a actividade constituínte. A militancia de hoxe é unha actividade positiva, construtiva e innovadora ...". Marcos Celeiro tamén aportaba un texto de Ken Knabb (anexo VII).
E conseguiremo-lo mirando-nos aos olhos".
Séchu Sende em "Animais", Editorial Através, 2011
versión ás 14:00 do 25 de maio de 2011
Ás 14:30 horas do 25 de Maio de 2011 eramos 507 integrantes do grupo de debate do facebook #galicianrevolution. Máis información (de momento) neste grupo do facebook, que logo se mudará a #galizarevolution.
__________________
Enlaces de interese:
Proposta:
http://mexanedinquechove.blogspot.com/
Coordenando:
http://cabozo.com/wordpress/
Rede Social Alternativa:
http://www.cabozo.com/index.php
Acampadas no Twitter:
_______________________

Se pensamos em justiça histórica a educaçao teria que ser monolingue em galego mas um ponto de restauraçao a curto- meio praço, atendendo à realidade social, teria de ser voltar à Lei de Normalizaçao Linguística no mínimo. Na realidade que máis da metade das matérias fossem em galego seria o idôneo se se quer evitar a extinçao do nosso idioma.
O nosso idioma é o que se fala além Minho e nós somos utentes da nossa própria variedade linguística, com as subvariedades que cada lingua tém também.
- David Rapacha propón o debate sobre o modelo de Estado, opóndose á Monarquía, e Begoña Maira Benítez fala da apertura dun novo proceso constituínte.
- Begoña Maira Benítez propón reclamar medidas que verdadeiramente apoien ás familias: “Desenrrolo dunha ampla, digna e gratuita rede de sevicios de apoio á 'familia' tales versión ás 14:00 do 25 de maio de 2011 como axudas económicas, garderías, centros de maiores e dependentes que faciliten as mulleres a súa integración laboral, xa que logo seguimos a ser nós as que maioritariamente asumimos os coidados e tarefas reproductivas e de coidados de os maiores e os depedentes.
- Dereito a vivir en galego: derrogación das leis que impoñen o castelán en Galiza.
- Derrogación da Lei de Partidos e da Lei Antiterrorista, que, como aporta David Rapacha, “elimina o direito fundamental de qualquer cidadao preso a ter o seu advogado próprio presente durante os cinco primeiros dias de interrogatório, o qual propícia as torturas que mesmo 'Amnistia Internacional' denúncia. Elimina tamém o direito do preso a saber, no momento da detençom qual é a acusaçom”.
- Revisión da Lei de Memoria Histórica, propota de Begoña Maira Benítez (anexo V).
- Oposición ao poder financeiro internacional, proposta de Maria Castelo Lenton:
“Rejeitamento do sistema financieiro atual e de qualquer reforma deste que não suponha o seu submetemento aos intereses dos cidadães e de uma economia sustentavel, respeutosa com o medio, e com o desenrolo humano em toda a sua extensão.
O home tem de vivir do produto do seu trabalho, mas não vivir para a producir, e cada um será dono da súa forza produtiva.
Rejeitamos a explotaçaõ do homem pelo homem e que o mercado seja o dono das forzas produtivas de cada quem.
Negamos a autoridade do mercado para governar as nossas vidas e tomar decisões que só a nós nos pertencem, negamo-nos a ser escravos dese ser invisivel que domina, hipoteca e condiciona a nossa existência, coartando a nossa liberdade de decisão.
A fim do ser humano não é a produção infinita de riqueza que só nutrirá a uns poucos, mas a construção e o sustento de si mesmo, e é cada quem o competente para decidir sobre isso.
A reforma do sistema financieiro, ainda bancario, debe ser feita polos e para os cidadãos, e tem de ser humano, racional e local. O dinheiro não debe producir riqueza, o dinheiro debe versión ás 14:00 do 25 de maio de 2011 ser um medio de simplicação do troco e do pago de servizos, não uma mercancia.
Intervençom do governo dos cidadãos nos temas esenciais pra uma pessoa, vivenda, educaçom, sanidade.
Rejeite da especulação com a vivenda; as fontes de alimentação, a sanidade e a educação são minimos indispensaveis para uma subsistencia digna e quedarão fora das leis do mercado.
Não se negocia com os medios esenciais para a vida.
- Retirada da Reforma Laboral aprobada polo Parlamento do Estado.
Tamén houbo propostas concretas de accións. Por unha parte, propostas de accións locais – cunha lectura global á vez – coma a de Armando Ribadulha: concentrarse diante de Marineda City en defensa do pequeno comercio galego fronte ás grandes superficies e multinacionais ou a de Xabier Seixo sobre a toma simbólica da Deputación de Ourense. Propostas máis xerais foron a de ocupar a TVG e facer unha “queima simbólica nas praças públicas de exemplares dos jornais falsimídia do sistema”.
Tamén se plantexou a retirada de diñeiro dos bancos, co cal a xente de #galizarevolution se suma á retirada simbólica de 155 € dos bancos prevista para o 30 de maio. Contra o poder financeiro internacional, Begoña Maira Benítez aboga por adherirse “á plataforma que ten presentado unha denuncia contra as axencias de calificación de débeda soberana (esas que xogan a dicir 'ohhh, a túa débeda non vale nada, é unha basura'; a pasamos de c111 a d+1 y su p. m..), e así fan perder moiiito diñeiro aos erarios públicos (entre eles o noso que xa está na picota) e aos pequenos aforradores, e se embolsan enoooormes cantidades de diñeiro suxo da ESPECULACIÓN”.
A idea máis repetida e da que máis gosta a xente é a de vontade de diálogo, de contacto humano, de aprendizase mutuo, de chegar a uns mínimos en común entre a xente que temos conciencia galeguista e a que se achega ao activismo por vez primeira.
Destacaba Manoel Santos nun artigo (anexo VI) que “o movemento do que estamos a falar pouco o nada vai ensinar, dende o punto de vista ideolóxico e de construción versión ás 14:00 do 25 de maio de 2011 propositiva, a quen leva anos a loitar contra o sistema, a quen levan anos indignados ou indignadas. As críticas case sempre van rematar nas mesmas conclusións antisistémicas.
Porén, si pode aprendernos moito, moitísimo, sobre novos xeitos de proceder, de organizármonos e de chegar á xente para sumar masas críticas á loita, que debería ser o obxectivo primario do activismo. Fuxir desta escola renovada de política social que parece estar a agromar, como se xa tivésemos todo aprendido, só delata un ensimismamento tan inútil como fachendoso e desprezativo”. Esta cuestión, a das novas formas de militancia, é complementada por Xavier Carriba, cun texto de Toni Negri: "... esta nova militancia non repite meramente as fórmulas de organización da antiga clase obreira revolucionaria. Hoxe, o militante non pode pretender ser un representante, nin sequera das necesidades humanas fundamentais dos explotados. Pola contra, hoxe a militancia política revolucionaria debe redescubrir a forma que sempre lle foi propia: non a actividade representativa, sinó a actividade constituínte. A militancia de hoxe é unha actividade positiva, construtiva e innovadora ...". Marcos Celeiro tamén aportaba un texto de Ken Knabb (anexo VII).
Rematamos cun pedazo do poema que nos deixaba Séchu Sende.
"Necesitamos instruçons para sonhar ao mesmo tempo, umha convocatória para sonhar juntos á mesma hora, um método para a produçom social de sonhos.

Se fabricamos coitelos en cadea por que nom Liberdade?
É o seguinte passo na evoluçom da espécie.
Séchu Sende em "Animais", Editorial Através, 2011
versión ás 14:00 do 25 de maio de 2011
Ás 14:30 horas do 25 de Maio de 2011 eramos 507 integrantes do grupo de debate do facebook #galicianrevolution. Máis información (de momento) neste grupo do facebook, que logo se mudará a #galizarevolution.
__________________
Enlaces de interese:
Proposta:
http://mexanedinquechove.blogspot.com/
Coordenando:
http://cabozo.com/wordpress/
Rede Social Alternativa:
http://www.cabozo.com/index.php
Acampadas no Twitter:
_______________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon