luns, xullo 11, 2011

O LNG "Port Harcourt", outro buque gaseiro cargado con miles de toneladas de GNL/LNG anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Martes 12 de Xullo - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, desta vez na Praza de Ultramar

Tags


CONCENTRACIÓN EN FERROL,
NA PRAZA DE ULTRAMAR
ÁS 8 DA TARDE, DO MARTES 12 DE XULLO

O LNG "Port Harcourt", un antigo buque gaseiro, de máis de 35 anos de antigüedade, de grande porte con 275 metros de eslora por 40 de manga, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Martes 12 de Xullo de 2011. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa a 95, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Martes, ás 8 da Tarde, mais desta volta a Concentración terá lugar na Praza de Ultramar, no bairro ferrolá do mesmo nome. Nunha nova forma de acción, rotando as mobilizacións por diferentes lugares e barrios, dun xeito itinerante, co obxectivo de chegar coa protesta a un número maior de persoas. Ademais de difundir entre a poboación, en sintese, 10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?.


[Clicar acima da foto para entrar no carrusel de diapositivos]

Características do buque:
Un vello buque de máis de 35 anos de antiguidade [construído en 1976], o “LNG Port Harcourt”, con bandeira convencional d'as Illas Bermudas, de 274.20 m de eslora e 42 m de manga, 12 m de calado e 122.000 m3 de capacidade.

Ademais o Venres 22 de Xullo: Tod@s a Mugardos

O Venres, 22 de Xullo de 2011, ás 5 da tarde, desde o Parque de Caranza "Carmelo Teixeiro", partirá a 5ª Marcha a Pé, entre Ferrol e Mugardos, para lembrar os 111 días de ocupación da Casa do Concello de Mugardos, por parte da veciñanza de Meá. Este 22 de Xullo marcharemos a pé até Mugardos polo cese da actividade e desmantelamento de Reganosa, no Cuarto Aniversario do Peche da veciñanza de Meá na Casa do Concello, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a a Ría de Ferrol.

Tres horas máis tarde recebira-nos as veciñas e veciños de Meá na Praza do Mercado de Mugardos, onde disporán de bebidas, liscos, chourizos e música, nun acto de benvida.

O Blogue Solidario coa Veciñanza de Meá, recolle a crónica destes 111 días de reivindicación e solidariedade.
  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán
:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org



Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
10 de julho de 2011 12:45
---

APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade

CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995

Blog solidario coa veciñanza de Meá
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org


______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon