sábado, agosto 13, 2011

Nuñez Feijoo culpable - 4 anos de 'Cultura Si, Mausoleo Non' pola disolución da Cidade da Cultura

  • CATRO ANOS DE ACTIVIDADE DA PLATAFORMA CULTURA SI, MAUSOLEO NON: POLA DISOLUCIÓN DO PROXECTO DA CIDADE DA CULTURA E O USO DOS EDIFICIOS PARA CUBRIR NECESIDADES SOCIAIS.
  • NUÑEZ FEIJOO É CULPABLE DO DESPILFARRO E MAL GASTO DUN PROXECTO DESCONTROLADO E GRAVOSO, SUPERFLUO E INNECESARIO PARA A CULTURA GALEGA.
  • A PROGRAMACIÓN A BASE DE PIANISTAS, TEATRIÑOS INFANTIS E OBSERVACIÓNS DE ESTRELAS NON XUSTIFICA UN DISPENDIO DE MAIS DE 2 MILLONS DE EUROS AO ANO EN MANTEMENTO E O ORZAMENTO DE 21 MILLONS DE EUROS DA FUNDACIÓN CIDADE DA CULTURA.
Despois de catro anos de actividade e co nacemento da Plataforma co anterior goberno bipartito, continuamos hoxe esixindo da Xunta de Galicia e do seu Presidente a tomar medidas que eviten o despilfarro de diñeiro público que supon a continuidade da Cidade da Cultura, con un coste que xa supera nestes momentos os 550 millóns de euros (cando o seu orzamento inicial foi de 108 millóns de euros). Cun coste engadido de 2,6 millóns de euros ao ano para mantemento e de 21 millóns de euros de orzamento da Fundación Cidade da Cultura para o ano 2011.

Consideramos que nestes momentos é unha irresponsabilidade politica e unha afrenta aos cidadáns continuar adiante coa Cidade da Cultura é adicar unha cantidade desorbitada de diñeiro público a manter uns unhas obras inacabables e de final e contidos incertos. Cunha programación a base de pianistas, teatriños infantis e observacións de estrelas que de ningun modo xustifica manter en pe toda a parafernalia e protocolo da Fundación da Cidade da Cultura.

Cando a Xunta de Galicia está a pechar comedores escolares, plantas de hospitais, e centros de atención especial a minusválidos é unha imprudencia temeraria continuar mantendo o luxo e ornamento da Cidade da Cultura, un proxecto obsoleto e caduco que non pode ser asumido nestes tempos de necesidades básicas sen cubrir ou saturadas pola demanda social. A continuidade da Cidade da Cultura supon un burato de centos de millóns de euros do erario público que son un insulto ao sentido común. A Xunta de Galicia deberia impulsar o dedicar estes orzamentos a mellorar substancialmente as condicións reais (sociais, sanitarias e educativas) do pobo galego ali donde as necesidades son mais acuciantes.

A Plataforma Cultura Si, Mausoleo Non, vai continuar coa sua actividade cidadán de ESIXIR dos políticos que gobernan na Xunta de Galicia a disolución do proxecto da Cidade da Cultura e o uso dos edificios construidos nun fin de interes xeral e non en escaparate de ideas peregrinas dun alcalde, dun medio de comunicación localista ou de politicos con afan de protagonismos, como foron os casos de querer convertir o Gaias nunha pista de tenis, na sede dun circo ou nun macro restaurante de cociñas exoticas. Pensamos que os cidadans merecemos outra xestión mais seria e riguroso co destino dos fondos públicos e sempre con eficiencia e eficacia, ao servizos dos cidadáns e das suas necesidades básicas, que nestes momentos non son precisamente ver unha chuvia de estrelas ou pagar 100 euros por unha silla para ver un partido de tenis.

Finalmente agradecemos o apoio dos miles de cidadans que se teñen declarado por distintos medios en contra deste burato sen fondo que é a Cidade da Cultura e mostrado as suas simpatias coas actividades desta Plataforma. Seguiremos na loita ata que os politicos que nos mal gobernan rematan con esta vergonza.

Compostela, 12 de agosto de 2011

POLA PLATAFORMA CIDADÁN CULTURA SI, MAUSOLEO NON

Asdo. Xan Carlos Ansia.
Tlfo. 658656957

Enviado por:
cultura si mausoleo non
-culturasimausoleonon@gmail.com-
12 de agosto de 2011 14:04
__________________

Sitios na Rede da Plataforma Cultura si, Mausoleo Non:

http://www.culturasimausoleonon.org/
http://culturasimausoleonon.blog.com/
__________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon