E xa son 100 os buques gaseiros que entraron na nosa Ría cargados con gas natural licuado, poñendo en perigo a nosa seguridade, a nosa vida e a Ría. Tamén foron 100 as accións de protesta e denuncia que se levan realizando cada vez que un gaseiro entra cargado dentro da Ría, para descargar en Reganosa, aumentando exponencialmente, deste xeito, o xa de por si perigoso despropósito que conforma o tándem Forestal del Atlántico-Reganosa. E foron 100 as persoas que onte se mobilizaban nunca concentración sonora, no Porto de Ferrol, contra a Planta de Gas, esixindo a paralización da perigosa actividade tan próxima aos núcleos de poboación, esixindo o desmantelamento dunha Planta ilegal, innecesaria e perigosa.
Sería unha irresponsabilidade e insensatez deixar de mobilizar-se contra este despropósito gasista tan corrupto como perigosos, é por iso que o Comité Cidadán de Emerxencia, continua na loita utilizando todos as frentes, a xudicial, a administrativa, a político a mobilización cidadá, a denuncia pública, ...a loita continua.
Onte 15 de Setembro de 2011, convocadas polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, un numeroso grupo de persoas concentrouse pola tarde no Porto de Ferrol, frente a praza onde estaba a antiga fábrica de xeo, para rexeitar a entrada na nosa Ría dun buque gaseiro. O "LNG Ogun", buque baixo bandeira de conveniencia das Bermudas, de grande porte -mais de 285 m de eslora- e con miles de toneladas de GNL/LNG nos seus tanques, fixo o número 100, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007. O "LNG Ogun", fixo o número 100, dos que, cargados de gas natural licuado, atracan en Mugardos, no perirao de Punta Promontorio, para descargar na perigosa e ilegal Reganosa, poñendo en perigo as nosas vidas e a nosa Ría.
Irregularidades da entrada do "LNG Ogun"
Segundo a "RELACIÓN DE BUQUES METANEROS COMPATIBLES COAS TERMINAIS DE REGASIFICACIÓN", actualizada na web do Xestor Técnico do Sistema Gasista -ENGAS, o "LNG Ogun" no é compatible coa terminal de Reganosa en Mugardos. Na citada páxina -actualizada, pódense consultar os buques que son compatibles con cada unha das terminais de regasificación. Quen quixer, pode descargar o arquivo en formato PDF.
Por outra banda as normas de navegación de grandes buques gaseiros pola Ría de Ferrol, restrinxe a entrada de buques cunha capacidade superior aos 140.000 m3 e 300m de eslora que é o límite que se considera para un "gran buque gaseiro" -na normativa vixente, segundo os datos técnicos públicados o buque metanero "LNG Ogun" ten unha capacidade superior, pois é de 149.600 m3.
Intervención de Manuel A. Rodríguez Carballeira -Lalán, Coordenador do Comité Cidadán
Fonte: Canle de Ártabra 21
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
...........
APOIO ECONÓMICO
O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade
CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA
Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
15 de setembro de 2011 23:55
___________________Enlace de referencia:
100 Gaseiros cargados con GNL na Ría
Galería Fotográfica:
https://picasaweb.google.com/101751370694013578251/100PROTESTALEXITIMA#
Enlace de interese:
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?.
Seguimento do "LNG Ogun":
http://aprs.fi/info/i/310542000
Compartillar audio da intervención de "Lalán":
https://docs.google.com/leaf?id=0B5Gwc-gBZgsuMmFjYjVlZTAtMjQ5MS00MzdkLWJhNTktYWFkMTBhODJkZWE0&sort=name&layout=list&num=50
___________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon