CONVOCATORIA:
Pleno da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol o venres 14 de outubro ás 18 horas no local da AV de Esteiro.
As máis de corenta entidades que conforman a Pdspf (Sindicatos, Asociacións Veciñais, de Doentes, etc) están convocadas a dita xuntanza que terá a seguinte orde do día:
- Análise da situación da Sanidade Pública en Ferrol, diante dos anuncios de novas privatizacións de servizos.
- Preparación da mobilización que, en defensa da sanidade pública, se celebrará en tódalas cidades de Galicia o xoves día 27 de Outubro.
- Organización da recollida de sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular en contra do modelo de xestión privada que se vai implantar nos novos hospitais, centros de saúde e determinados servizos sanitarios.
- Preguntas e suxestións.
É moi importante a asistencia de tódalas organizacións que conforman a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública.
Xogámonos moito !
Asdo/
Salustiano Gómez
e Xosé Miguel López,
portavoces da Pdspf
Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
11 de outubro de 2011 12:34
______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon