Ferrol.
Despois duns meses agardando este Día de Mobilización Internacional "Unid@s polo Cambio Global", o 15-O foi todo un suceso en todo o Mundo. Case 1000 cidades en máis de 80 países mobilizando-se e unid@s por un cambio global, democracia verdadeira, participación cidadán, xustiza, igualdade, fraternidade e solidariedade ... e para acabar coa Ditadura dos Mercados, por un outro modelo económico, político e social, onde as persoas e a a defensa da natureza, sexan o primeiro. En Ferrol, o Colectivo xurdido da #acampadaferrol, constituído en Asemblea Local do Movimento 15M, traballou intensamente para que esta xornada fose un éxito como así foi, sen apoio das cúpulas acomodadas das organizacións sindicais e dos partidos políticos que non acaban de entender a relevancia deste movimento global e o papel que vai desempeñar no futuro inmediato, salvo algunhas honrosas excepcións. O 15-O en Ferrol desenvolveu-se con gozo, mais con indignación e compromiso. Coas eivas que se lle queira pór máis o suceso foi. Doce horas de actividades e unha concentración ás 6 da Tarde onde participaron numerosas persoas, onde poideron intervir libremente para expresar o seu compromiso, a súa indignación, as súas ideas, as súas reflexións e mesmo o seu programa. Críticas e propostas, ... Podemos concluír que o contributo de Ferrol á Mobilización Internacional do 15-O foi, e con suceso.
Vídeo:15-O en Ferrol, algunhas intervencións por meigatola cun telefono móvil.
Resto da Galiza.
Perante todo o día sucederon-se mobilizacións por toda a xeografía galega, ademais de Ferrol, en Compostela, A Coruña, Ourense, Lugo, Pontevedra, Vigo, O Morrazo,...
A Coruña en Vídeos:
- Vídeo: a multitude na Praza de Pontevedra antes de comezar a manifestación
- Vídeo: a marcha do #15O na Coruña ao paso pola céntrica rúa de San Andrés
- Vídeo: pitada unánime ao paso da marcha do #15O na Coruña perante a sede da (extinta) Caixa Galicia
- Vídeo: a Praza de María Pita en pleno berra "A pobreza é un delito"
#O Morrazo indignad@s, comproetid@s e unid@s polo Cambio Global -15 de Outubro de 2011
#Ourense indignad@s, comproetid@s e unid@s polo Cambio Global -15 de Outubro de 2011
#ACoruña indignad@s, comproetid@s e unid@s polo Cambio Global -15 de Outubro de 2011, de Galiza-ContraInfo.
Revista de prensa sobre a mobilización na Galiza:
Galicia Hoxe
MOVEMENTO 15 M - Miles de indignados galegos bótanse ás rúas para esixir unha "auténtica democracia" - As manifestacións máis multitudinarias foron as de Vigo e Santiago, onde a pesar da autorización, uns valos impedían o acceso á metade do Obradoiro [Nova]Diario de Ferrol
A mobilización mundial do 15-Ou foi secundada en Ferrol por máis de 500 persoas [Nova] Faro de Vigo
Vigo súmase á protesta mundial dos indignados con 10.000 persoas na rúa - Cidadáns de todas as idades percorren o centro da cidade nunha marcha multitudinaria e pacífica para reclamar un "cambio global" [Nova]Galiciae-El Progreso -de Lugo-
15-O - Galicia tamén se indigna [Nova]
Francfort, Nova York, Washington, Compostela, Barcelona, Madrid, Tokyo, Hong Kong, Londres, Dublín, Bruselas, Lisboa París, Saraievo, Sydney, Zagreb, Santiago, Los Ángeles, San Francisco, Montreal, ... .
Miles de persoas concéntraron-se na sede do Banco Central Europeo (BCE) en Francfort (Alemaña, capital financeira de Europa) para rexeitar o capitalismo, como parte da marcha mundial de indignados convocada para este sábado en diferentes países do planeta, denominada 15-Ou (15 de outubro). En Estados Unidos as manifestacións concentráronse en Nova York (nordés) e Wáshington (capital), mentres que no Estado Español, a capital (Madrid) está colmada de consignas que piden un "cambio global".
Millóns de persoas identificadas co movimento social Indignados protestaron en máis de 80 estados, apegadas á protesta mundial convocada para este 15 de Outubro (15-O) en esixencia dun cambio global e contra os poderes financeiros.
A xornada mundial sen precedentes realizou-se en máis de mil cidades de países de América Europa e Asia en rexeitamento á mala xestión de políticos e banqueiros que manteñen volátil a economía mundial, con consecuencias perversas para a vida das persoas, o 99%.
Baixo o lema "Unidos por un cambio global", @s indignad@s comezaron as súas manifestacións en países de Asia e Oceanía, con forte presenza nas cidades xaponesas de Hong Kong e Tokio. Seguiron en Europa e logo activáronse en Estados Unidos.
Nas rúas e avenidas de metrópolis do mundo como Atenas, Bruxelas, Madrid, Roma, Zúric, Estocolmo, Francfort, Londres, Dublín, París, Saraievo, Sydney, Zagreb, Santiago, Los Ángeles, San Francisco, Wáshington e Montreal, entre outras, os manifestantes gritaban consignas como ''Nós non somos mercancías en mans dos políticos e banqueiros'' e "É hora de que nos escoiten".
No continente europeo, foron escollidas as capitais de Bélxica e España como epicentro das protestas debido a que nestas cidades atópanse as sedes do Consello Europeo e da Comisión Europea.
En Francfort os Indignados reuníronse no Banco Central Europeo, que se encarga de monitorear as políticas fiscais que impuxo a Unión Europea (UE).
En Tokio centos de manifestantes marcharon cara ás oficinas do goberno nipón para pedir maior equidad.
Sumado a isto, en Seúl, os indignados anunciaron que se manterán mobilizados ata o domingo como mostra de rexeitamento ao sistema financeiro e ao Tratado de Libre Comercio con Estados Unidos.
A protesta global denominada 15-O (15 de Outubro), está inspirada no movemento precursor español 15-M (15 de Maio), data na que miles de persoas reuníron-se en varias ocasións na Porta do Sol, praza de Madrid, para pronunciarse en contra do desemprego e das medidas de austeridade tomadas polo Goberno.
Estas manifestacións estendéronse a outros países do mundo como Estados Unidos, onde as protestas desenvolvéron-se en máis de 90 cidades.
Para esta convocatoria, anunciada polo movimento estadounidense Ocupemos Wall Street, os indignados fixeron un chamado a todos os cidadáns co fin de que se unan ao movimento e poidan acabar coas prácticas desleais do un por cento da poboación.
O movimento está agrupado por desempregados, profesionais, mestres, empregados públicos, sindicalistas, entre outros.
Especial de TeleSur desde LatinoAmérica:
Africa.
Marrocos - En Rabat, a Policia agrede violentamente contra manifestantes
Manifestantes marroquinos, foron violentamente agredidos pola policía neste sábado, que tiñan respondido á chamada mundial de manifestacións, e tamén foron agredidos por grupos de xovens pro-monárquicos.
Os manifestantes marroquinos tentaran-se concentrar inicialmente na fronte de unha mesquita, mais a policía dispersou os participantes do protesto e xornalistas que cubrían o evento, xustificando que a concentración non era autorizada. No mesmo lugar, apareceu um grupo de xovens pro-monarquía, que comezou a agredir aos manifestantes ante a pasividade dos policiais. Estes xovens pro-monárquicos, acostumam interromper as manifestacións que reivindican máis democracia.
Pouco depois, os manifestantes se concentraram em frente do Parlamento, com cartazes contra o FMI (Fundo Monetário Internacional), o G8 (grupo dos países ricos) e o Banco Mundial ... A polcía reaxiu violentamente contra os manifestantes.
Dossier -esquerda.net - 15 de Outubro de 2011 - Protesto Global -
Neste dossier inclúen as novas, artigos e didtintas opinións que esquerda.net foi publicando ao longo dos días sobre o Protesto Global. Inclúen tamén o material variado que foron publicando sobre o movimento “Occupy Wall Street” e as súas accións en Nova York e noutros lugares de USAmérica - Dossier organizado por Carlos Santos.
http://www.esquerda.net/dossier/15-de-outubro-protesto-global
Por Rigor Histórico.
Desde diferentes sectores ligados ao Movimento 15-M, ven-se difundindo como titulares que esta é "A primeira manifestación global da historia", cousa que non é certa. O Movimento Obreiro, o Movimento Pacifista, o Movimento Feminista, e os movimentos de acción global xurdidos do Foro Social Mundial veñen, en moitos casos ao longo de máis dun século -sen internet nen móbil, mobilizando a nível global. A loita obreira pola xornada das oito horas; as xornadas do 1º de Maio, Día do Internacionalismo Proletario - Día Internacional da Clase Traballadora; o 8 de Marzo, Día internacional da Loita Feminista - Día Internacional da Muller na Loita pola Igualdade; as diferentes xornadas mundiais de loita contra a agresión imperialista a Viêtnam; as Accións Mundiais da Marcha Mundial das Mulleres, e todas a Accións Mundiais contra as Guerras, destacando polo suceso contra a guerra imperialista e de agresión a Irak, ... De aí a importancia do 15-O, pois até agora todos os movementos que conseguirom ter expresión mundial, levaron aparellados grandes cambios e avances para a Humanidade. Vai ser este o caso do 15-O?
Vídeos doutras Mobilizacións no resto do Mundo.
Este 15 de Outubro o Movemento 15M tomou as rúas de Barcelona para pedir un cambio económico, político e social.
Decenas de miles de persoas enchen a Porta do Sol de Madrid mentres soa o 'Himno da Alegría'. 15 de Outubro de 2011:
Co berro: "Estas son as nosas armas !!", "Estas son as nosas armas !!", "Estas son as nosas armas !!" ...
Este era o aspecto que presentaba a Porta do Sol de Madrid ás 20.30 da tarde deste 15 de Outubro. Miles de indignad@s accedían á emblemática praza desde a rúa Alcalá e outras rúas contiguas, cantando cánticos como "Chaman-na democracia e non o é" ou "Que non, que non, que non nos representan". (Miguel Angel Medina)
Manifestación de 15 de Outubro en Lisboa - Fotos de Paulete Matos.
Manifestación de indignad@s de Bilbo - Euskal Herria
Os sucesos de Roma no punto de mira dos medios hostís ao movimento d@s indignad@s polo cambio global.
En Roma todo un cúmulo de conxuncións, entre a agresión policial, a violencia gratuíta, a provocación programada, detencións, persoas feridas e os medios que queren magnificar os sucesos. Italia xa está ocupando espazos televisivos de excepción en todos os telexornais e prensa escrita. O sucedido en Roma ten lecturas propias da situación que vive o propio Estado Italiano. O Movimento no debe de caer na provocación descualificadora, de quen busca meaculpas, pois non ten porque dar resposta diferente ao que o movimento italiano analiza, simplemente reafirmar-se no carácter pacifico -non violento- das mobilizacións que é o que o caracteriza.
Evento na capital italiana sobre a onda de protesta global.
De América a Asia, de África a Europa, a xente está levantando-se a reivindicar os seus dereitos e pedir unha verdadeira democracia.
Piazza San Giovanni - Roma, 15 ottobre 2011 - Scontri con le forze dell'ordine - Riots
Entrevista con Chiara Franceschini sobre o carácter d@s indignad@s roman@s e testemuñar o evento en non-violencia.
@s indignad@s non buscan a confrontación coas fozas estatais de represión, senón a participación activa da xente para o cambio real -Roma 15-O.
***************
Para máis información e contactar.
Asemblea Local do 15M >>> #AcampadaFerrol
Toma a Rúa Ferrol:
http://tomaarua.blogspot.com/
http://www.facebook.com/groups/tomalacalleferrol/
https://n-1.cc/pg/profile/acampadaferrol
Directorio de páxinas do 15M:
http://movimientoindignadosspanishrevolution.wordpress.com/
Para contactar en Ferrol:
acampadaferrol@gmail.com
No Twiter con:
http://twitter.com/#!/acampadasol
Enlace moi interesante:
As Crónicas do 15-O - de Xornalismo Humano
Benvido á OCCUPY TOGETHER, un hub non oficial para todos os eventos que se van conformando en USAmérica [Neste momento -15.10.2011- son 1.347 cidades] en solidariedade coa Occupy Wall St. Como temos acompañado as novas sobre facebook, twitter, e as fontes de diversas accións e eventos en directo a través de internet, sentímo-nos na obriga de construír un sitio web que vai axudar a espallar a palabra como organizar máis protestas en todo o mundo. Esperamos ofrecer ás persoas información sobre os eventos que están organizando, ou en curso, e a constitución en toda USAmérica como nós, os 99%, para tomar medidas contra a avaricia e a corrupción do 1%.
http://www.occupytogether.org/
Fontes:
Galería Fotográfica de Sustete'70
Vídeos d'A Coruña de: Filipe Diez
Fotos d'A Coruña de Daniel Candal.
Outrs fontes: propia e TeleSur.
_________________
______________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon