venres, outubro 14, 2011

Ártabra 21 co Movimento 15M e a Mobilización Gobal "Unid@s polo Cambio" deste Sábado 15 de Outubro

O Colectivo Ártabra 21 quere manifestar publicamente o seu apoio á Mobilización Gobal "Unid@s polo Cambio".

En Ferrol, como en case 1000 cidades de máis de 80 países, a xente do común, traballadores, traballadoras, estudantes, xente do mar, xente do campo, pensionistas, profesionais, ... imos-nos mobilizar na Praza do Concello -Praza do 15M, Praza da Liberdade, de 12 do mediodía a 12 da noite, desenvolvendo diferentes actividades e unha concentración cidadán ás 6 da Tarde. Todo@s por outra democracia, unha democracia verdadeira, onde sexa a cidadanía a que poda decidir o seu presente e o seu futuro, onde goberne ese 99%, non que o outro 1% decida que é o que nos convén ou non, sempre en base aos seus intereses cobizosos e egoístas. Imos-nos mobilizar por outro modelo social, político e económico. Outro modelo onde o importante sexan as persoas e a defensa do medio natural. Na convicción de que non só outro mundo é posíbel, senón que tamén é necesario.

O 15 de Outubro persoas de todo o mundo tomarán as rúas e as prazas. Desde América a Asia, desde África a Europa, a xente estase levantando para reclamar os seus dereitos e pedir unha auténtica democracia. Agora chegou o momento de unirnos todos nunha protesta non violenta a escala global.

Os poderes establecidos actúan en beneficio duns poucos, desoíndo a vontade da gran maioría, sen importar-lles os custos humanos ou ecolóxicos que teñamos que pagar. Hai que pór fin a esta intolerable situación.

Unid@s nunha soa voz, faremos saber aos políticos, e ás elites financeiras ás que serven, que agora somos nós, a xente, quen decidiremos o noso futuro. Non somos mercancía en mans de políticos e banqueiros que non nos representan.

O 15 de Outubro atoparémo-nos nas rúas para pór en marcha o cambio global que queremos. Manifestarémo-nos pacificamente, debateremos e organizarémo-nos até logra-lo.

É hora de que nos unamos. É hora de que nos escoiten.
¡Tomemos as rúas do mundo o 15 de Outubro!


Asemblea Local do 15M >>> #AcampadaFerrol


Toma a Rúa Ferrol:
http://tomaarua.blogspot.com/
http://www.facebook.com/groups/tomalacalleferrol/
https://n-1.cc/pg/profile/acampadaferrol

Directorio de páxinas do 15M:
http://movimientoindignadosspanishrevolution.wordpress.com/

Para contactar en Ferrol:
acampadaferrol@gmail.com

Actos en Ferrol:
  • A partir das 12 do mediodía murais e xogos para nen@s e maiores.
  • Ás 12 do mediodía mural de Suso Basterrechea.
  • Ás 2 da tarde Xantar Popular.
  • Ás 5 da tarde charla de Francisco Xavier Galán Pérez sobre os "Orzamentos Participativos".
  • Ás 6 da tarde CONCENTRACIÓN CIDADÁN
  • Ás 8 da tarde Teatro Bucaneros
  • Ás 10 da noite poesía con Karloty e Guillermo
  • Ás 10 e 1/2 da Noite concertos: "La caverna mágica" e "Daniel Royo".
  • Ás 12 da Noite Queimada Popular.

15-O UNID@S POR UN CAMBIO GLOBAL !!

________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon