venres, outubro 14, 2011

Outra concentración en Ferrol contra a violencia machista, para repudiar o asasinato de Cristina González Sacau, veciña da parroquia viguesa de Coruxo - Fotos - Enlaces


Un importante grupo de persoas acudiron este Xoves, 13 de Outubro de 2011, á concentración convocada pola Marcha Mundial da Mulleres na Praza do Concello de Ferrol -Praza do 15M , Praza da Liberdade- para repudiar o asasinato de Cristina González Sacau, cuxo ex-compañeiro, de quen estaba en trámites de separación, atopa-se en prisión provisional, pois autoinculpouse da súa violenta morte.

Cando unha muller é asasinada todas somos víctimas
A violencia é un problema de todas

Era unha muller de 39 anos "chea de vitalidade e con dous fillos que agora deixa orfos", segundo afirmaron os organizadores no manifesto ao que deron lectura.

Nesta declaración, recordaron que o autor confeso da morte era "un carpinteiro" que levaba "unha vida normal" e que "non era percibido pola veciñanza, e poida que nin sequera por Cristina, como unha ameaza", xa que seguía pasando por casa e vendo aos dous fillos que tiñan en común.

Mentalidade machista

Tamén sinalaron que a muller "nunca denunciara malos tratos, aínda que el se erixiu como titular do dereito de propiedade" sobre ela e "como propietario decidiu arrebatarlle a vida". Ademais, o colectivo denunciou a existencia dunha "mentalidade machista" na realidade cotiá que chega a "inmunizar" ás persoas.

"Un día tras outro, o machismo mata e a sociedade ten que asumir a súa complicidade nestes crimes", salientou a Marcha Mundial das Mulleres, que advirte de que "non vale encollerse de ombreiros e pensar que non se puido facer nada porque a vítima non o denunciou, culpabilizándola en certa medida".

Por iso, reclamou á sociedade que teña "intolerancia total ante as desigualdades". "Debémosllo a Cristina e a todas as mulleres mortas por causa da violencia de xénero", proclamou o colectivo, que engadiu "hoxe só quedan queixumes, pero tamén é un día para a esperanza de que Cristina González sexa a última".

Nese sentido, sostivo que é "traballo de tod@s que así sexa", condenando as "condutas machistas e esixindo ás administracións a súa responsabilidade social e xurídica para garantir a cobertura necesaria das vítimas de malos tratos e, así, entre todos asegurar o fin dos asasinatos".

Fonte das Fotos: Susete'70
Fonte: propia e de 20minutos.es

Enlaces relacionados:

Diante do asasinato de Cristina González Sacau, a Marcha Mundial das Mulleres convoca actos en Galiza para repudiar a vilolencia machista - En Ferrol terá lugar ás 8 da tarde de hoxe Xoves, 13 de Outubro, na Praza do Concello


A hora de Cristina, ... Por Lupe Ces

Que é a Marcha ?

A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enlaces de interese:
___________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon