sábado, outubro 29, 2011

Hoxe comeza o Primeiro Encontro Galego de Custodia do Territorio

Asociacións galegas integraranse no Foro Estatal de Custodia do Territorio

A custodia do territorio, unha ferramenta para a conservación do medio que pasa pola implicación do medio civil na protección da natureza naceu en Estados Unidos e no mundo anglosaxón a finais do século XIX e tardou un século en implantarse preto de nós. A primeira iniciativa de custodia no Estado protagonizouna nos anos 70 Félix Rodríguez de la Fuente, cando apostou pola conservación dunha contorna de aves rapaces en Segovia. Vai para 30 anos tamén que agromou unha experiencia pioneira en Galicia, a da Asociación Ridimaos que busca protexer un bosque autóctono na zona do Ribeiro. Para coñecer canto se ten avanzado nesta materia nos últimos tempos, celébrase esta fin de semana en Santiago de Compostela o I Encontro Galego de Custodia do Territorio.

Hai asociacións que fan custodia sen eles mesmos sabelo, porque é un termo que se acuñou hai pouco”, explicou en Radiofusiòn o secretario da Asociación Galega de Custodia do Territorio, Óscar Rivas. Con todo, para identificar as iniciativas de custodia do medio non hai normas ríxidas. Pode abranguer dende un acordo verbal para coidar unha contorna até “o máximo nivel, que é a compra do territorio”. Neste último estremo, créanse sociedades cidadás que máis aló de traballar pola súa conta na limpeza e recollida de lixo da paisaxe chegan a mercar terreos co único propósito de evitar que sexan estragados. É o caso de Ridimoas, que xa se fixo cunhas 500 hectáreas de bosque, sendo o proxecto galego de maior calado. A Asociación Galega de Custodia do Territorio, nada en 2008, reclama que a Administración apoie estas prácticas promovendo marcos legais que lles dean abeiro, xa que a intervención directa dos poderes públicos, segundo Óscar Rivas, é complexa porque a maior parte da terra está en mans de propietarios privados.

A maneira na que se traballa pola custodia do territorio depende da idiosincrasia de cada lugar: por exemplo, a propiedade da terra sobre a que se quere actuar está moito máis partillada en Galicia do que acontece noutros lugares, como Andalucía, con maior concentración. Algunhas das experiencias activas na nosa comunidade que implican aos cidadáns na protección do medio son Proxecto Esmelle, Vaipolorío ou o Proxecto Ríos de ADEGA, a organización ecoloxista que promove a posta en común do sábado e o domingo no centro social de Novacaixagalicia en Santiago. A esta cita seguiralle o día 3 de novembro a constitución do Foro Estatal de Custodia do Territorio, no que haberá participación galega, adianta Óscar Rivas.



Enlaces de interese:
ADEGA
http://adega.info/

Proxecto Ríos
http://www.proxectorios.org/index.php

Asociación Galega de Custodia do Territorio
http://custodiadoterritorio.org/

Proxecto Esmelle
http://www.blogoteca.com/pesmelle/index.php

Información baseada no publicado en:
RadioFusión 28.10.2011






 Sponsors sen ánimo de lucro 


A Asociación Galega de Custodia do Territorio é unha organización sen ánimo de lucro cuxo fin é a conservación dos valores naturais, culturais e paisaxísticos do territorio.


*****

Achégate á Eira da Xoana e contribúe a facer realidade unha utopía - Esta Casa está aberta de balde todos os días que se realizan actividades a toda aquela xente solidaria, respectuosa e comprometida coa Natureza e Cultura Galegas e que desexen formar parte na construción desta utopía.


CAMPAÑA PARA A COMPRA DE TERRA

SALVA UN ESPAZO NATURAL
Información da campaña

*****


De boca a boca ... axenda aberta
www.axendaaberta.blogspot.com

Axenda recopilatoria das actividades das diversas asociacións e colectivos que existen na nosa comarca.

*****


Enviado por:

FranciscoXavier.Iglesias.Mouriz@sergas.es
-FranciscoXavier.Iglesias.Mouriz@sergas.es-
28 de outubro de 2011 19:33
_____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon