sábado, outubro 01, 2011

Proposta do Grupo Transversal de Traballo de #acampadasol para unha mobilización global o 13 de Novembro de 2011, unha semana antes das Eleccións Xerais do 20N

Desde Ártabra 21 consideramos de interese este documento que, en forma de proposta, lanzou, para o debate, o Grupo Transversal de Traballo de Sol, onde está o noso compañeiro José Álvarez Crucio.

MOVILIZACIÓN GLOBAL DO 15M PARA O 13 DE NOVEMBRO

  • STOP CORRUPCIÓN
  • NON NOS REPRESENTAN
  • !! CAMBIO DE MODELO XA ¡¡
  • NON MÁIS DITADURAS ENCUBERTAS
  • NON Á DITADURA DA BANCA E Os MERCADOS
  • NON Á ECONOMÍA DO LADRILLO E A PRIVATIZACIÓN
  • NON AO ESPOLIO AMBIENTAL E CULTURAL
  • NON AOS RECORTES SOCIAIS
  • SERVIZOS PÚBLICOS PARA TODOS
  • POR UNHA VIVENDA DIGNA

PROPOSTA DE MOBILIZACIÓN GLOBAL
DO MOVIMENTO 15M
PARA O 13 DE NOVEMBRO DE 2011

Seguido dunha semana de accións, reflexión e asembleas temáticas

Texto provisional da proposta - mánda-nos os teus comentarios a: grupotransversal.sol@gmail.com

Desde o novo Grupo Transversal de Sol, co apoio da Comisión de Economía e de Política a curto prazo, estmos coordinando e reformulando a proposta proveniente da asemblea de Las Rozas, dunha mobilización global do 15 para o 13 de novembro, unha semana antes da eleccións, partindo do tema tranmsversal da corrupción ligada á economía do ladrillo, estamos reformulando a proposta para facela o máis inclusiva posible.

No marco do capitalismo global actual estanse realizando no Estado recortes sociais sen precedentes na democracia: co Pacto polo Euro, a recente reforma da Constitución para recortar o gasto público, os recortes en educación, a privatización da sanidade e os servizos públicos... É o comezo dunha nova fase de capitalismo salvaxe na que están desaparecendo os últimos restos do Estado do Benestar e da paz social [?], que se produce coa privatización e mercantilización de todas as esferas da vida e a desaparición total do público.

Neste proceso están implicadas todas [a maioría] as forzas políticas con representación nas administracións europea, estatal, autonómicas e municipais, cunha corrupción sistémica e unha ditadura de facto dos mercados, a banca e as multinacionais, encuberta pola complicidade dos medios de comunicación, dunha xustiza ineficaz, do escurantismo e a ausencia de participación cidadá.

As orixes e repercusións deste modelo económico e político son globais: na vulneración sistemática dos Dereitos Humanos e da Terra, as desigualdades e a distribución extremadamente desigual da riqueza, a violencia e a explotación de persoas, animais e medioambiente, a violencia dun patriarcado individualista e racionalista, o espolio planetario de recursos e bens comúns, no marco dunha homogeneización cultural sen precedentes, dunha militarización e un neocolonialismo global e dunha sociedade do control encuberta tras falacias de progreso tecnocrático, ao servizo do consumismo salvaxe.

No caso de España [do Estado Español] hai un problema transversal que nas últimas décadas aglutinou a maior parte dos problemas de corrupción política, destrución ambiental, déficit en servizos públicos, espolio cultural e a totalidade de problemas asociados á vivenda, e que é causa directa da crise que se vive en España [no Estado]: a especulación urbanística e a economía do ladrillo. Un problema que lonxe de desaparecer segue estando no transfondo do modelo económico e de corrupción política, durante a crise non se apostou de ningún xeito por un cambio cara a un modelo económico non centrado no ladrillo e se este quere relanzar como fonte principal da economía. A corrupción urbanística afecta a todos os partidos políticos maioritarios, e tamén minoritarios, con representación en todas as administracións.

....Os corruptos queren seguir roubando do mesmo mentres nos someten á ditadura encuberta do capitalismo global.

Por iso CONVOCAMOS UNHA MOBILIZACIÓN DE PROTESTA ESTATAL E INTERNACIONAL, EN TODAS A CAPITAIS DE ESTADOS, AUTONÓMÍAS E PROVINCIAS, MÁIS MUNICIPIOS, O DOMINGO 13 DE NOVEMBRO ÁS 18:00 HORAS, seguida dunha semana de accións, reflexión e asembleas temáticas e esiximos:

1. Un cambio de modelo económico que potencie o público fronte ao privado, impedindo a privatización dos servizos públicos como a sanidade ou a auga, do territorio, os recursos e de todas as esferas da vida, desde a saúde e o lecer ás patentes alimentarias; a regulación dos mercados fronte aos abusos e a ditadura da banca e as multinacionais, e a distribución desigual da riqueza; a retirada de apoio público a bancos para paliar a súa débeda como consecuencia do estalido da burbulla inmobiliaria, e a retroacción da recente reforma constitucional que recorta o gasto público.

2. Un cambio de modelo produtivo que en ningún caso volva potenciar o ladrillo como fonte principal da economía, con moratorias na construción e recualificación de chans, e no seu lugar a potenciación e relocalización doutros sectores produtivos actualmente deslocalizados noutros países e continentes, pondo en marcha medidas contra a precarización do traballo, no canto de potenciala.

3. Un cambio de modelo político, coa eliminación de todas as leis que favorecen a corrupción: lei electoral, leis de financiamento municipal e de partidos políticos; e coa inhabilitación de todos os cargos públicos imputados ou condenados por prevaricación.

4. Un cambio de modelo de participación cidadá, cunha redefinición dos medios de información e comunicación, que encobren a ditadura do sistema; e a posta en marcha de modelos de información, comunicación, relación e participación horizontais.

5. Un cambio de modelo urbanístico-territorial, coa suspensión e retirada dos Plans Urbanísticos (PXOUMs) en tramitación na actualidade, e a elaboración no seu lugar de Plans Urxentes de Adecuación (PUAs) en todos os municipios, que arranxen os graves déficit en servizos públicos como sanidade, saneamento, educación e transporte público acumulados por décadas de desenvolvimento salvaxe; e cambios nas leis de chan estatal e autonómicas, coa eliminación de todas as figuras legais que favorecen a especulación (como o axente urbanizador, o convenio urbanístico ou o aproveitamento futuro do chan).

6. Un cambio de modelo de vivenda, coa posta en práctica de políticas para unha vivenda digna, con aluguer social das vivendas baleiras na actualidade, impedir os desafiuzamentos por non poder pagar hipotecas e pór en marcha medidas contra o mobbing inmobiliario.

7. Un cambio de modelo ambiental: fronte ao espolio e a destrución salvaxe e sistemática, a posta práctica de medidas drásticas para a protección do medio ambiente e o patrimonio cultural e a promoción de estilos de vida sostibles, enerxías renovables e compra verde, fronte ao modelo consumista importado de centro comercial, urbanizacións e mobilidade privada.

8. Un cambio de modelo xurídico coa aplicación efectiva de leis rápidas contra os abusos da banca, as empresas, as administracións, os abusos urbanísticos e ambientais e os abusos contra Dereitos Humanos e da Terra.

9. Un cambio de modelo cultural, fronte á mercantilización da cultura e a homoxeneización planetaria, fronte aos modelos uniformes de pensamento, coñecemento, ciencia e tecnoloxía, fronte a uns modelos educativos destinados a asimilarnos no aparello neoliberal de produción, e fronte ao neocolonialismo e a militarización planetaria: un modelo plural e horizontal.

10. Un cambio de modelo social, fronte á mercantilización de todas as identidades, corpos e desexos, fronte á violencia do patriarcado, o individualismo e o racionalismo, fronte á precarización de persoas migrantes: unha ecoloxía relacional que potencie a pluralidade en función da sexualidade, a diversidade funcionalidade, a idade, a orixe cultural ou a educación, e no respecto a outras persoas, outras especies e a contorna.

Grupo de Traballo Transversal de Sol:
https://n-1.cc/pg/groups/775043/grupo-de-trabajo-transversal-de-sol/

#AcampadaObradoiro:
http://www.acampadascq.info/

Rede de Asembleas de Barrios e Vilas da Coruña:
http://www.15m-acoruna.com/

#AcampadaSol:
http://madrid.tomalaplaza.net/

#AcampadaBarcelona:
http://acampadabcn.wordpress.com/

Toma a Rúa Ferrol:
http://tomaarua.blogspot.com/
http://www.facebook.com/groups/tomalacalleferrol/
https://n-1.cc/pg/profile/acampadaferrol

Directorio de páxinas do 15M:
http://movimientoindignadosspanishrevolution.wordpress.com/

Para contactar en Ferrol:
acampadaferrol@gmail.com
____________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon