luns, novembro 14, 2011

Aprazado para Xaneiro de 2012, o xuizo contra 9 mariscadores que estaba previsto que se celebrara hoxe, no caso do "Galicia Spirit"

Tags


O xuizo de hoxe aos mariscadores

Hoxe, data prevista para o inicio do xuizo a nove mariscadores, imputados de desobediencia a autoridade, polos sucesos de maio de 2007, membros do Comité Cidadán de Emerxencia e cidadás e cidadáns acudiron aos Xulgados de Ferrol, en solidaridade cos traballadores do mar.

O xuízo quedou posposto para o mes de xaneiro ao non comparecer un dos imputados , por impedimento de saúde.

Desde o CCE, entidade que agrupa a varias decenas de asociacións cidadás, insístese en que se está a culpabilizar a integrantes dun colectivo - amenazado polo deterioro do medio en que se desenvolve o seu traballo - de unhas accións convocadas polo CCE, en defensa da Ría e da vida dos seus habitantes, nas que participaron varios centos de persoas, cuxa autoinculpación foi desestimada.


Asemade os promotores da Planta de Gas de Reganosa, perigosa e innecesaria - fonte do conflicto -,reubicada no interior da Ría en beneficio dos seus intereses económicos, incumplindo a legalidade segundo manifestou o TSXG, gozan de total impunidade e pretenden duplicar a capacidade da mesma, sin que a súa producción alcance siquera o 40% da actual, co único fin de seguir inlflando a burbulla enerxética e aumentar os seus beneficios a costa da cidadania que fai frente de xeito periódico ao incremento das tarifas do gas e da electricidade.

Ferrol, 14 novembro 2011

Blog solidario coa veciñanza de Meá
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

rol

Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
14 de novembro de 2011 18:10
____________________

A noticia en axencias:

O xuíz suspende o xuízo contra mariscadores por estar o ex patrón maior de Ferrol no hospital - Queda aprazado ata os días 26 e 30 de xaneiro, debido a que non se pode celebrar sen que estea presente Bastida [Entrar]

Enlaces relacionados:

Ártabra 21: O lúns 14 de novembro, ás 10 da mañán, nos Xulgados de Ferrol, comeza o xuízo a 9 mariscadores por defender unha causa xusta - O Comité Cidadán de Emerxencia chama á solidariedade e asistir á vista pública nos Xulgados

Ártabra 21: Basta xa de impunidade. Non á Estafa

Ártabra 21: A Praza do Himno Galego de Esteiro, foi o marco da 104 acción do Comité Cidadá contra o despropósito gasista de Reganosa que ameza a nosa seguridade e a nosa vida, e que contribúe a destruír a nosa Ría.
__________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon