luns, novembro 14, 2011

O lúns 14 de novembro, ás 10 da mañán, nos Xulgados de Ferrol, comeza o xuízo a 9 mariscadores por defender unha causa xusta - O Comité Cidadán de Emerxencia chama á solidariedade e asistir á vista pública nos Xulgados

Tags


O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol chama á cidadanía a asistir ao xuízo dos mariscadores

O lúns 14 de novembro, ás 10 da mañán, no Xulgado de Ferrol, comeza o xuízo a 9 mariscadores, aos que a Fiscalía lles imputa un presunto delito de resistencia e desobediencia grave á Autoridade, como consecuencia da acción promovida polo Comité Cidadán de Emerxencia, o 7 de maio do 2007, para impedir a primeira entrada ilegal na Ría de Ferrol dun gaseiro cargado con GNL a subministrar á Planta de Gas de Reganosa.

A Fiscalía desestimou a autoinculpación de numeros membros do CCE que participaron nesa acción.

O orixe do conflicto e do proceso contra os 9 mariscadores, inscríbese na reubicación no interior da Ría da Planta de Gas de Reganosa, unha instalación ilegal como así dictaminou o TSXG. Unha instalación que supón un perigo para a vida de milleiros de cidadáns e cidadás e que acelera a destrucción da Ría de Ferrol, medio de vida de centos de mariscadores/as e das súas familias.

Unha vez máis vaise a proceder a xulgar a membros dun colectivo vítimas da degradación permenente da Ría, namentras os responsables da ilegal e perigosa ubicación da Planta de Gas, da destrucción da Ría e da estafa continuada á cidadanía seguen actuando con total impunidade.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL
CHAMA Á CIDADANÍA
A ESTAR PRESENTE NA CELEBRACIÓN DE DITO XUÍZO
O LUNS DÍA 14 DE NOVEMBRO, ÁS 10 HORAS,
NOS XULGADOS DE FERROL, RÚA CORUÑA, S/N.


Blog solidario coa veciñanza de Meá
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org




Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
11 de novembro de 2011 23:52

_______________

Para ampliar clicar acima da foto





______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon