A Asemblea Local do Movimento 15M - #AcampadaFerrol, apoia a Manifestación Comarcal polo Emprego que convocan a maioría sindical e está previsto que saía este Domingo 6 de Novembro, ás 12 do mediodía desde a Estrada de Castela, nas inmediacións da Praza do Inferninho.
Di o 15 M: "berrraremos por un cambio, por un futuro para a nosa comarca, para que os gobernos PP e PSOE se enteren que NON estamos de acordo co seu sistema, que NON estamos de acordo coas suas propostas, que NON estamos de acordo con eles, que NOM nos representan, que NON ... , que NON ... , que NON van ter os nosos votos, e que SI nos van ter na rúa loitando polo que e noso.
ACUDIDE E DIFUNDIDE"
Representantes da CIG, CCOO, UGT e USTG compareceron en rolda de prensa para anunciar a convocatoria da Manifestación Comarcal para o Domingo, 6 de Novembro, "Polo Emprego, en defenda do Sector Naval e da Ría de Ferrol". A marcha que como dicíamos vai saír sobre as 12 do mediodía do Inferniño, rematará na Praza do Concello de Ferrol, baixo o lema "Polo emprego e o futuro da comarca. O naval é fundamental. Carga de traballo xa".
________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon