sábado, decembro 24, 2011

Nova acción de protesta e denuncia convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia, ante o anuncio de entrada na Ría do ”Cheikh el Mokrani”, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para Reganosa

Tags


Un novo buque gaseiro anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Sábado de "Noite Boa", 24 de Decembro de 2011. Trata-se do ”Cheikh el Mokrani”. Con esta entrada, serían 108 buques cargados con miles de toneladas de gas natural licuado, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007, para a ilegal e perigosa Reganosa.

De novo o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca unha concentración sonora, para protestar e denunciar polo perigo engadido á propia presencia da Planta de Gas dentro da Ría moi próxima aos núcleos de poboación e pegada ao complexo petroquímico de Punta promontorio -Forestal del Atlántico e Imelgasa. Aumentando exponencialmente o perigo que supón para a poboación que moramos na contorna da Ría, xa de por si, a propia instalación de Reganosa en Mugardos [*]. Pois o buque cargado ten que pasar por un sinuoso, estreito, de pouco calado e longo canle de máis de 4.00 metros, antes de atracar no pantalán de descarga. E as 24 horas que aproximadamente dura a manobra de transvase do gas licuado aos mega-tanques situados ao pé das vivendas de Meá e A Pedreira, no concello de Mugardos.

A CONCENTRACIÓN TERÁ LUGAR,
ESTE SÁBADO, 24 DE DECEMBRO, ÁS 7 DA TARDE,
NA PRAZA DO CONCELLO

Este Comité Cidadán de Emerxencia considera que a pesar de tratarse dunha data sinalada e de tradicional celebración na familia e no entorno de amizade e veciñanza, debemos facer un novo exercicio de responsabilidade e firmeza na demostración de que seguiremos a amosar á cidadanía de Ferrolterra que a Planta de Gas é un perigo permanente para todos e todas, un despropósito e unha fraude que, coa complicidade de todas as Administracións, se está a manter só en beneficio dos seus promotores.

Onte, hoxe e sempre: ¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !


Características do buque:
O metaneiro "Cheikh EL-Mokrani", cunha capacidade de 75.500 m3 de Gas Natural Licuado, ten unha eslora de 220 metros, unha manga de 35, un calado máximo de 10,75 e un desprazamento de 55.200 TM. O gaseiro, considerado de dimensións medias dentro do estándar desta clase de buques, foi construído en 2005. Navega baixo bandeira das Bahamas.
  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


[*] A planta de gas de Reganosa almacena 150.000 Tons. de gas natural licuado (GNL), un valor enerxético equivalente a 120 bombas atómicas como as lanzadas polo goberno norteamericano sobre Hiroshima, situada a carón do complexo petroquímico -Forestal del Atlántico- que alberga 283.000 m³ de combustibles e sustancias químicas.

Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
22 de dezembro de 2011 16:19
---

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:
APOIO ECONÓMICO
O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade
CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA
Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995
Blog solidario coa veciñanza de Meá
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon