O Lafayette, case parado a unhas 46 millas da Luz e "sen goberno".
NOVAS DENUNCIAS POR PRESUNTA EXPLOTACIÓN INFANTIL
A Asociación Galega contra os Malos tratos ao Menor (AGAMME) presentou unha denuncia ante o Xulgado de garda en Las Palmas de Gran Canaria polo presunto caso de explotación infantil a bordo do maior buque pesqueiro-factoría do mundo, o Lafayette, que continúa deambulando a unhas 50 millas da costa grancanaria "sen goberno" despois de que abortase o mércores pola noite o fondeo no Porto da Luz, onde tiña previsto arribar o martes procedente da Coruña.
AGAMME tamén presentou escritos ao Defensor do Pobo, a asesora da área de Migracións e Igualdade de Trato do Goberno central, a Fiscalía Xeral do Estado, o Defensor de Menores e o Deputado do Común.
A asociación trata así de reactivar unha investigación que foi arquivada pola Fiscalía de Ferrol o pasado xoves, logo dunha inspección de pasaportes na que non se apreciaron indicios da presenza de menores traballando no buque, como aseguraba o traballador dos estaleiros que denunciou o caso. O operativo policial despregado non puido, con todo, revisar a fondo o Lafayette ao carecer dos permisos de estranxeiría e da embaixada rusa.
"É evidente que hai nenos nese barco, falamos con moita xente que foi testemuña", afirma Eva Seoane, portavoz de AGAMME, quen lamenta que non exista material gráfico que atestigüe a situación da decena de menores de entre 8 e 14 anos que se acharían no interior do barco. "A Fiscalía de Ferrol non solicitou as cintas das cámaras de seguridade do porto e esas imaxes ao mes destrúense", recorda Seoane.
A asociación reclama á Xustiza que actúe "coa máxima prema e contundencia" para "liberar aos menores da escravitude". O seu portavoz reclama que as autoridades competentes, facendo uso da legalidade vixente a nivel internacional, aborden o buque ou o leven a porto para realizar unha exhaustiva inspección. "Eses menores teñen que volver coas súas familias ou ir a un centro de acollida", asevera Seoane.
AGAMME considera que o capitán do barco con bandeira rusa "non sabe que facer nin onde ir" debido ao cariz que están adoptando os acontecementos, con varias organizacións internacionais á espreita. O buque apenas se moveu nas últimas horas e navega a unha velocidade moi reducida, por baixo dun nó por hora. "Se non se moven, por algo será", advirte a portavoz, quen recalca que o barco debía permanecer outros dous meses no porto de Ferrol para reparar unha avaría técnica, polo que augura que debe estar sufrindo "unhas perdas tremendas".
LAS PALMAS DE GRAN CANARIA. - IVÁN SUÁREZ
Fonte: http://www.canariasahora.com/noticia/208682/
Web oficial de AGAMME:
http://agamme.org/
DENUNCIA DE EXPLOTACIÓN DE MENORES
EsCULcA solicita dilixencias á Fiscalía de Ferrol
1 de Decembro de 2011
O pasado 30 de Novembro, Fernando Blanco Arce, en nome de EsCULcA, solicitou á Fiscalia da Área de Ferrol testemuño íntegro das dilixencias preprocesuais 25/201 incoadas a raiz da denuncia dun cidadán que afirma ter visto varios menores traballando a bordo do buque Lafayette en condicións de extrema precariedade.
Román Ruiz Alarcón, Fiscal Xefe de Ferrol, declarou hoxe que estudará se EsCULcA "pode ter aceso a unhas dilixencias como as practicadas" (sic)
Web oficial de EsCULcA:
http://www.esculca.net/
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon