venres, decembro 02, 2011

O "LNG Edo", outro buque gaseiro cargado con miles de toneladas de GNL/LNG anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Sábado 3 de Decembro - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, desta vez no Cantón diante do palco da música

Tags


CONCENTRACIÓN EN FERROL,
NO CANTÓN, DIANTE DO PALCO DA MÚSICA
ÁS 7 DA TARDE, DO SÁBADO 3 DE DECEMBRO

O "LNG Edo", un buque gaseiro moi vello -31 anos de antigüidade; de grande porte, con 285,3 metros de eslora por 43.7 de manga e un calado de 11,53; cargado con miles de toneladas de GNL/LNG -manchado de sangue, para a ilegal e perigosa Reganosa; ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Sábado 3 de Decembro de 2011. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa o 106, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Sábado, ás 7 da Tarde, mais desta volta a Concentración terá lugar no Cantón diante do palco da música, no bairro ferrolá Ferrol Centro -da Madalena-. Nunha nova forma de acción, rotando as mobilizacións por diferentes lugares e barrios, dun xeito itinerante, co obxectivo de chegar coa protesta a un número maior de persoas. Ademais de difundir entre a poboación, en sintese, 10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?.

O "LNG Edo" escorado nun dos pantaláns do Bony no Delta do Niger en Nigería

Características do buque:
Nome.- LNG Edo, Bandeira.- Bahamas, Ano Construcion.- 1980, Eslora.- 285.3 m Manga.- 43.7 m. Puntal.- 25 m, Calado.- 11.53 m, Capacidade.- 126.530 m3


Enlaces de interese:

Ártabra 21: No delta do río Niger (Nixeria) estase levando o maior atropelo ecolóxico e humano de toda a historia do petróleo: Nixeria fornece de Gas a REGANOSA

Ártabra 21: Chevron, Shell e o verdadeiro custo do gas e do petróleo
-----
  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
2 de dezembro de 2011 10:17
---

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:

APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade

CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995

Blog solidario coa veciñanza de Meá
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org


______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon