sábado, decembro 03, 2011

O 'Lafayette' logo de pasar dous días sen rumbo fixo, a 45 millas de "Las Palmas de Gran Canaria", atraca no Dique Reina Sofía supostamente custodiado pola policia - EsCULcA informa máis sobre a denúncia de explotación de traballo infantil


O Lafayette atraca no Dique Reina Sofía, supostamente para continuar coa reparación que iniciara na Ría de Ferrol no astaleiro de Navantia-Fene o 10 de Outubro pasado, até que o 24 de Novembro elevou anclas logo de que a Fiscalia da Área de Ferrol arquivara a denuncia.

A consignataria do buque segue negando a denuncia por explotación infantil, mais a policía accedeu ao barco e despois quedou custodiándoo.

O Lafayette volveu ao Porto da Luz e das Palmas logo de dous días sen rumbo fixo decenas de millas ao norte de Gran Canaria.

A Autoridade Portuaria informou este venres que o buque de bandeira rusa denunciado en Ferrol por explotación infantil tiña previsto quedar fondeado fronte ao dique Reina Sofía este mesmo venres, á espera de concretar un punto fixo de atracada.

A atracada produciuse finalmente á tardiña xusto na punta do dique Reina Sofía, desde onde o alargado buque é visible en todo o litoral da capital. A Policía accedeu ao barco e pouco despois testemuñas presenciais transmitiron que varios axentes custodiaban o barco e que os seus vehículos estaban na zona.

Versión da consignataria

A información que manexa Portos das Palmas, a través da consignataria do buque-factoría, desmente a presenza de menores no barco e xustifícaa como unha "vendetta" do traballador denunciante no Ferrol.

A Autoridade remitiu á inspección rutineira que realiza a policía de fronteiras desde que se produciu a atracada do buque de bandeira rusa, que ten previsto someterse a reparacións durante os dous próximos meses.

Save The Children, Amnistia Internacional, Esquerda Unida, EQUO, BNG, ... e diversos colectivos están pendentes do que se está facendo co buque esixindo-lle celo ás autoridades e presentando denuncias e solicitudes e explicacións a diferentes organismos, xulgados e institucións. Desde Galiza AGAMME e EsCULcA levan un seguimento e diferentes actuacións de observación  e denuncia.



CASO LAFAYETTE
Mais sobre a denúncia de explotaçom de trabalho infantil
2 de Decembro de 2011

Tamém ao Parlamento Galego chegou a preocupaçom polos graves feitos denunciados por um cidadao de Ferrol que afirma ter visto menores trabalhando a bordo do buque-factoria Lafayette.

Bieito Lobeira Domínguez e Fernando Blanco Parga apresentarom  o pasado 30 de Novembro no Parlamento Galego umha pergunta, para a sua resposta escrita, em que se reclama ao Governo que explique se conhecia os feitos descritos na denúncia, que medidas se adoptarom e se está prevista algumha actuaçom do executivo a esse respeito.

Pola sua parte, a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) dirigiu-se à Defensoría del Pueblo para reclamar que se ponham os meios necessários para inspeccionar o buque e resgatar os menores que presumivelmente sofrem maltrato. A Defensoría contestou o 2 de Decembro comunicando que a queixa fora aceitada a trámite.


DILIXENCIAS NO CASO LAFAYETTE
Resposta da Fiscalía da Área de Ferrol a solicitude de EsCULcA
2 de Decembro de 2011

Con data 1º de Decembro, o Fiscal da Área de Ferrol , Román Ruiz Alarcón, contestou o escrito presentado por EsCULcA o pasado 30 de Novembro en que o noso observatorio requeria  testemuño íntegro das dilixencias preprocesuais 25/201 incoadas a raiz da denuncia dun cidadán que afirma ter visto varios menores traballando a bordo do buque Lafayette en condicións de extrema precariedade.

Ruiz Alarcón lembra que a LOPJ contempla, efectivamente, a posibilidade de que calquera persoa que acredite un interese lexítimo terá dereito a obter copia de escritos e documentos que consten nos autos sempre que estes non teñan sido declarados reservados ou secretos. No entanto, o Fiscal pede a EsCULcA que esclareza que emprego pensa dar ás copias solicitadas a fin de acreditar se en verdade é titular dun interese lexítimo que xustifique "excepcionar o principio xeral de segredo"

Web oficial de EsCULcA:
http://www.esculca.net/



Documentación:


A noticia en EsCULcA:

UNHA TESTEMUÑA DENUNCIA ABUSOS E MALOS TRATOS
A Fiscalía deixa partir buque sospeitoso de explotación de menores
27 de Novembro de 2011
O buque-factoría Lafayette pudo abandonar a División de Reparacións dos Estaleiros de Navantia Fene, onde permanecía desde principio de outubro, a pesar dos numerosos indicios que apuntan para unha situación grave de explotación de menores
[Entrar]

-----

O papel de Pedro Sanz, Fernádez de Mesa, Antón Martín - Shipping, "Galicia Ártabra Digital" e "Ártabra FM":

A publicación que dirixe Pedro Sanz "Galicia Ártabra Digital", que aclamara as reclamacións -coincidentes- de Fernández de Mesa e os axentes do armador, elimina as páxinas en que o deputado falaba de "caso de xulgado de guarda" no suposto de non se autorizar o Lafayette a entrar en Ferrol.

Os arquivos eliminados por esta interesada publicación que por certo na súa versión en radio "Ártabra FM" ligada a cadea de RTV Intereconomia da dereita española máis rancia, está avalada çomo "democratica e independiente" por políticos e sindicalistas de esquerda que participan nos seus programas como tertulianos ou comentaristas. Como diciamos estes arquivos eliminados poden-se ver aquí:

[Continua el “caso Lafayette”. Siguen sin dar autorización de entrada del buque para reparar en Navantia-Fene]

[El “Lafayette” es esperado mañana en Ferrol. Un lío tremendo que alguien debería explicar]


Fontes: propias, de AGAMME, de EsCULcA e de canariasahora.com.
___________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon