Comunicado de CGT
Primeiras Medidas do Goberno do "PP dos Mercados"
"Seguir roubando aos pobres para darllo aos ricos"
Coa promulgación do novo goberno do Partido Popular comezan a albiscarse por onde van ir as medidas políticas, económicas, laborais, sociais, educativas, culturais ... que ten previstas desenvolver, aínda que seguen calándose os maiores recortes laborais e sociais.
A reforma constitucional do artigo 135 pactada polo PP e o PSOE, consagrou o roubo ás clases populares, asegurando por encima de todo, o cobro da débeda e os seus intereses por parte dos acredores (fondos de investimento e a banca en xeral), débeda que representa a gran estafa á que nos someteron a patronal, a banca, o sistema financeiro.
Desde a CGT, non esperabamos do PP políticas económicas distintas ás que o PSOE utilizou na última lexislatura, é dicir, pagar a crise desposuíndo de rendas, servizos públicos e dereitos ás e os traballadores e clases populares e beneficiando a empresarios, banqueiros, especuladores, financeiros. En definitiva roubar aos pobres para darllo aos ricos. Neste sentido, o presidente do goberno do partido popular xa vai mostrando algunhas das súas cartas :
- O "PP dos Mercados", para empezar, vai entregar a eses "ladróns dos mercados" 16.500 millóns de euros en recortes do gasto público durante o 2012 (especificarase nos orzamentos do mes de marzo). Esta cifra pode aumentar 10.000 millóns máis se así o pide a UE, privatizando servizos esenciais como a sanidade (copago) ou a educación, eliminando gastos por prestacións sociais de todo tipo (dependencia, cultura, persoas maltratadas, excluídas, desempregadas).
 - Ratificar a idade de xubilación aos 67 anos e o aumento do período de cálculo, o que supón reducir a contía da pensión (o PP defendeu o contrario na oposición). Para este ano, subirá o IPC aos 8,7 millóns de pensionistas.
 - Reducir as prexubilacións. Compatibilizar o cobro da pensión e o traballo a media xornada.
 - Privilexiar aos fondos privados de pensións con maiores desgravacións.
 - Baixar aínda máis os impostos ás empresas, Rebaixar o imposto de sociedades.
 - Conxelar emprego público excepto a policía, garda civil.
 - Bonificar ata o 100% os novos contratos. Rebaixa fiscal de 3.000 e por contrato do primeiro traballador. Un ano de seguridade social gratis por contratar a maiores de 30 anos.
 - Primar (novamente) as deducións fiscais pola compra de vivenda (unha das causas da burbulla inmobiliaria).
 - Pasar aos luns as pontes vacacionais para ser máis "competitivos".
 - Aprobar nos próximos meses unha Nova Reforma Laboral incentivando o contrato único fixo con despedimento barato.
 - En resumo, todo o poder á patronal mentres as e os traballadores somos mercancía de usar e tirar.
 
SPCC-CGT
23 de Decembro de 2011
SECRETARIADO PERMANENTE DA CGT
http://www.cgt.org.es/
_________________________

Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon