A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol integrada na Plataforma SOS Sanidade Pública quere denunciar á opinión pública os novos recortes que nos orzamentos do 2012 que van afectar de maneira máis acusada á Área Sanitaria de Ferrol como xa sucedera no 2011 e como ven sucedendo desde que o Sr. Núñez Feijoo preside a Xunta de Galicia.
A Área Sanitaria ve como so lle asignan 68.000 euros para desenvolver o Plan Funcional de Investimentos o que vai impedir que o Hospital Naval poida actualizarse e facer que a Área Sanitaria Pública non teña que depender de concertos con Hospitais Privados e teña que desviar menos doentes á Área Sanitaria da Coruña.
Nos orzamentos do ano 2011, que xa supuxeron unha diminución, se lle asinaban á Área Sanitaria de Ferrol 600.000 euros para o Plano Funcional de Investimentos, e agora nove veces menos. Ese é o compromiso da Xunta de Galicia coa Área Sanitaria de Ferrol, que o Xerente aplaude e fronte ó que o alcalde da cidade de Ferrol non di absolutamente nada.
Tampouco existe compromiso orzamentario para a construcción dos novos centros de Saúde previstos: Cedeira, Narón, Ares e A Capela, estes dous últimos xa case tiñan que estar construídos. Segue paralizado o Centro de Saúde de As Somozas e xa veremos si se chega executar a ampliación do Centro de Saúde de Serantes.
A esto haille que sumar que a actual Xunta de Galicia eliminara os compromisos de investimento de 63 millóns de euros no Hospital Naval, anulara o Plano de Mellora de Atención Primaria, que ía supoñer un importante incremento de profesionais na Área sanitaria, o Plano de Saúde Mental e Drogodependencia, ademais de deixarnos fóra do Plano de Alta Tecnoloxía (Tacs, Resonancias Magnéticas, PET, Ecógrafos de Alta Resolución etc).
Peche de camas, xa desde o mes de xuño, incluso en Pediatría, cousa que non tiña sucedido nunca.
Vaise deixar sen ningún contido asistencial o Hospital Novoa Santos.
A todo isto temos que sumar os recortes en persoal, a non cobertura nas baixas, permisos, vacacións etc. A volta de contratos de luns a venres e moitos contratos a media xornada ou por horas para substitucións en precario pola ausencia dun profesional que desenvolve o seu traballo a xornada completa co conseguinte prexuízo para os usuarios.
A privatización de servizos de mantemento, compras e subministros, central de chamadas,
Pola contra nos orzamentos da Xunta en materia sanitaria no ano 2012 a única partida que se incrementa é a dos concertos coa Sanidade Privada que pasan de 204 a 207 millóns de euros.
Tamén resulta absolutamente impropio e ilexítimo, aínda que sexa legal, o nomeamento como nova Conselleira de Sanidade a unha persoa que ten moitos intereses na Sanidade Privada concertada, Dona Rocío Mosquera, non hai que esquecer que estaba ligada ó grupo Povisa, con quen a Xunta de Galicia está negociando un novo concerto para os próximos 10 anos. O hospital Povisa na actualidade ten un concerto co Sergas de 72 millóns de euros anuais e e o que ten as maiores listas de espera de todos. E preciso lembrar que o novo Hospital de Vigo con financiamento e xestión pública e con 1500 camas ía custar 500 millóns de euros que é o que se lle paga a Povisa en 7 anos.
Temos que sumar tamén o cobro de 10 euros pola renovación da tarxeta sanitaria, a non prestación de asistencia sanitaria ós inmigrantes que leven menos de 183 días de residencia, o recorte a entidades asistenciais como Asfedro ou Lazos-Comité Antisida, o anuncio de cobro por receita, e polo transporte sanitario non urxente, ademais do anuncio feito polo presidente da Xunta de Galicia de cobro da comida hospitalaria , aseo e outros servizos como lencería etc.
Desde a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, ademais de formular esta DENUNCIA, facemos un chamamento á mobilización constante en defensa do dereito a unha Sanidade Pública, Universal e Gratuíta (financiada a través dos impostos) e en contra dos recortes de das privatizacións.
Desde esta plataforma imos desenvolver un traballo intenso, nos próximos catro meses, de recollida de sinaturas a prol de Iniciativa Lexislativa Popular en Defensa da Sanidade Pública, son precisas 15.000, e de explicación na rúa e nos locais das asociacións da seria e real ameaza que para a Sanidade Pública supón a Xunta de Galicia que preside o Sr. Nuñez Feijoo que pretende converter un dereito nun negocio como sucede en Madrid e en Valencia, que acaba de ser intervida polo Goberno do Estado.
Ferrol a 5 de xaneiro de 2012.
Asdo./ Xosé Miguel López e Lois Méndez, portavoces da Pdspf
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
www.plataformadspferrol. blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com
Para descargar nota de prensa
PARÉMOSLLES OS PES XA, AGORA !!
NON ESPEREMOS A QUE DESMONTEN A SANIDADE PÚBLICA !!
NON Á PRIVATIZACIÓN !!
_____________
Información baseada na envida por:

www.plataformadspferrol.
plataformadspferrol@gmail.com
Para descargar nota de prensa
Para o Mércores día 25 de Xaneiro ás 6 da Tarde, no local da Asociación Veciñal de Esteiro (Rúa Fernando VI, Bloque I baixo s/n) de Ferrol, está convocada a Asemblea Plenaria da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol - Participa !!
PARÉMOSLLES OS PES XA, AGORA !!
NON ESPEREMOS A QUE DESMONTEN A SANIDADE PÚBLICA !!
NON Á PRIVATIZACIÓN !!
_____________
Información baseada na envida por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
7 de janeiro de 2012 17:25
_________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon