CONCENTRACIÓN NO CANTÓN DE FERROL
[NAS INMEDIACIÓNS DO PALCO DA MÚSICA]
[NAS INMEDIACIÓNS DO PALCO DA MÚSICA]
ÁS 7 DA TARDE, DO DOMINGO 8 DE XANEIRO
O "LNG Port Harcourt", un buque gaseiro de grande porte, de case 275 metros de eslora e 42 de manga, con máis de 35 anos de antigüidade, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Domingo 8 de Xaneiro de 2012. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa a 110, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.
Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Domingo, ás 7 da Tarde, mais desta volta a Concentración terá lugar no Cantón de Ferrol, nas inmediacións do Palco da Música. Unha nova forma de acción, rotando as mobilizacións por diferentes lugares e barrios, dun xeito itinerante, co obxectivo de chegar coa protesta a un número maior de persoas. Ademais esta vez queremos difundir entre a poboación, o posicionamento do Comité ante o xulgamento, os próximos 26 e 30 de Xaneiro, de nove mariscadores, polos feitos acaecidos en Maio de 2007, cando a mobilización organizada polo CCE, acadou a paralización da entrada ilegal do primeiro gaseiro cargado con GNL na nosa Ría. Así como tamén queremos difundir entre a poboación, en sintese, 10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?.
[Clicar acima da foto para entrar no carrusel de diapositivos]
Características do buque:
Un vello buque de máis de 35 anos de antigüidade [construído en 1976], o “LNG Port Harcourt”, con bandeira convencional d'as Illas Bermudas, de 274.20 m de eslora e 42 m de manga, 12 m de calado e 122.000 m3 de capacidade.
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Información baseada na enviada por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
6 de janeiro de 2012 00:43
---APOIO ECONÓMICO
O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade
CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA
Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995
______________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon