Varios miles de persoas, segundo o partido A Esquerda -Die Linke, congregáronse hoxe no cemiterio berlinés de Friedrichsfelde na tradicional homenaxe aos líderes comunistas Rosa Luxemburgo e Karl Liebknecht, asasinados fai 93 anos por paramilitares de extrema dereita.
Membros do Taller de Historia de Berlín rebautizarán simbólicamente co nome de "A Ponte de Rosa Luxemburgo" un paso de peóns sobre o Landwehrkanal, a canle construída en Berlín a mediados do século XIX para aliviar a carga de circulación sobre o río Spree.
Desde esa ponte, o corpo sen vida da líder comunista foi arroxado o 15 de Xaneiro de 1919 á canle por membros dos "Freikorps", a milicia nacionalista de dereitas que contribuíu a sufocar a revolta espartaquista en Berlín.
Antes de ser asasinados, Luxembrugo e Liebknecht foran detidos e torturados.
Entre os asistentes destacaban os presidentes da Esquerda, Gesine Lötzsch e Klaus Ernst, así como o seu líder no grupo parlamentario do Bundestag (cámara baixa do Parlamento alemán), Gregor Gysi, e o expresidente do partido e exministro de Finanzas na súa etapa socialdemócrata, Oskar Lafontaine.
Cara ás dez e cuarto, unhas mil persoas con pancartas, segundo a policía, partiron desde a Porta de Frankfurt cara ao Monumento aos socialistas no cemiterio de Friedrichsfelde.
O ambiente foi pacífico e a marcha non se viu interrompida por antimanifestantes, ao contrario do que se temía.
No cemiterio, as tumbas de Luxemburgo e Liebknecht quedaron cubertas por un manto de caraveis vermellos.
O teatro da Volksbühne, na praza 'Rosa Luxemburgo', tiña previsto celebrar un evento titulado "Contra o poder dos bancos", ao que Lötzsch, Ernst, Gysi e Lafontaine confirmaron a súa asistencia.
Fonte: http://www.contrainjerencia.com/
Galería Fotográfica
Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
16 de janeiro de 2012 14:19
http://lupeces.blogspot.com/______________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon