domingo, xaneiro 15, 2012

Non diga crise, diga estafa, ... Por Isaac Rosa

Por Isaac Rosa [*]
18.0.2012


Propón Mark Taibbi en 'Cleptopía' que á crise a chamemos polo seu verdadeiro nome: estafa. Que deixemos de ver a crise como un problema económico ou financeiro, e empecemos a tratalo en términos penais, policiais. Que non falemos nin sequera de banqueiros e inversores codiciosos, senón de banqueiros e inversores criminais. E que non digamos que somos vítimas da crise, senón dun roubo.

Fago a proba: collo varias frases habituais e aplícolles o cambio semántico. No canto de “É a peor crise en décadas”, déixoo en “É a peor estafa en décadas”. En lugar de “A crise obriga a medidas dolorosas”, “A estafa obriga a medidas dolorosas”. E non digo “A crise esixe reformas”, senón "A estafa esixe reformas”. Ata ao “contrato de crise” que se aveciña chámoo “contrato de estafa”. Pois si que se ven as cousas doutro xeito co método Taibbi. Con máis rabia.

O que propón o libro non é un capricho: Taibbi analiza ao detalle a orixe da crise e demostra como o mundo financeiro e a política económica mundial caeron en mans dunha clase delincuente que buscaba forrarse ao prezo que fose, aínda que ese prezo incluíse afundir a economía mundial. A súa denuncia dos manexos de 'Goldman Sachs' (esa canteira de dirixentes para Estados Unidos e Europa) é como para presentarse en comisaría cun exemplar do libro.

Non é o único cambio de vocabulario que propón: Taibbi escribe sen gardar as formas, como a súa furia lle dita, e no canto de dicir “o banqueiro Lloyd Blankfein” prefire escribir “o gilipollas Blankfein”; ou no canto de referirse a Greenspan como “o ex presidente da Reserva Federal” identifícao como “o maior capullo do universo”. Soa a desafogo sen máis, pero fagan a proba de chamar ao seu antollo a algúns dirixentes e financeiros deste lado do Atlántico, e verán como tampouco é o mesmo.

Cleptopía describe un mundo financeiro asimilable á mafia e o narcotráfico, con gobernantes ao servizo do crime que fixeron de Estados Unidos, e por extensión do resto do mundo, un paraíso para ladróns: unha cleptopía.

Publicado o 15.01.2012 en Traballar cansa - Público.es

[*]Isaac Rosa Camacho -Sevilla, 1974, é escritor e activista de esquerdas. Anque naceu en Sevilla, viveu en Extremadura e agora reside en Madrid. Publicou as novelas "La malamemoria" (1999), posteriormente reelaborada en "¡Otra maldita novela sobre la guerra civil!" (2007), "El vano ayer" (2004) e "El país del miedo" (2008). Con "El vano ayer" obtivo o Premio Rómulo Gallegos (2005), o Premio Ojo Crítico e o Premio Andalucía de la Crítica, e foi levada ao cine por Andrés Linares co título de "La vida en Rojo". A súa última novela, "El país del miedo", recibiu o Premio Fundación José Manuel Lara á mellor novela de 2008. Isaac Rosa, na actualidade reside en Madrid. Tivo o honor de remplazar a Javier Ortiz na columna que publicaba no xornal "Público" logo do seu pasamento. Outras obras: "Adiós muchachos" (1998, teatro), "El ruido del mundo" (1998, novela), "Kosovo. La coartada humanitaria" (2001, ensaio), ...

Ligazóns externas:
________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon