venres, xaneiro 13, 2012

Vídeo moi esclarecedor sobre o "engano" do Goberno cos impostos: "Onde dixen digo, digo IMPOSTOS" - Vídeo

Tags


A secuencia consiste nunha sucesión de declaracións nas que Rajoy e outr@s dirixentes do PP, antes de chegar ao poder, móstrase absolutamente contrario a unha subida de impostos.

O goberno de Mariano Rajoy subiu os impostos, a pesar de anunciar o contrario durante os últimos anos, con máis intensidade nos últimos meses e sobre todo durante toda a campaña electoral.

Pode verse como Rajoy insistía unha e outra vez en que elevar os impostos era algo "malo", "disparatado" e "contraproducente". Tamén aparece María Dolores de Cospedal, secretaria xeral dos conservadores dereitistas e presidenta de Castilla-La Mancha. Con absoluta firmeza, dixo: "Nunca se saíu en España dunha crise económica subindo os impostos. Nunca". E de novo Rajoy, no recente debate de investidura. "A miña intención é non subir os impostos", sinalou. O vídeo termina cunha imaxe da vicepresidenta, Soraya Sáenz de Santamaría, anunciando tras o Consello de Ministros do pasado 30 de decembro: "Este Goberno vese obrigado a unha subida de determinados impostos".

Rajoy tiña un programa oculto que incluía brutais recortes sociais e subidas de impostos. Unha e outra vez, o presidente popular negou a maior e prometeu que se gañaba as eleccións, reduciría a presión fiscal. Rajoy escribiu o último capítulo deste engano masivo durante o debate de investidura no que tamén anunciou que a súa intención era non subir os impostos"


http://youtu.be/kpuGTVIA-V8


De interese:
As mentiras do PP en Google
_________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon