luns, febreiro 20, 2012

Ante a "situación que está a atravesar a nosa comarca no ámbito económico, social e laboral", o Consello Comarcal do BNG propón unha xuntanza en réxime de autoconvocatoria para "... estruturar un ente plural, permanente e operativo que se constitúa como aglutinador e interlocutor das demandas de Ferrolterra ... "

Primeiro encontro para o vindeiro Xoves dia 23 de Febreiro, ás 19 horas no centro cultural “Torrente Ballester” de Ferrol
. . .

A situación que está a atravesar a nosa comarca no ámbito económico e laboral – tamén no social –convértese en crítica; por mor da falta de políticas claras que aborden dun xeito claro e inmediato un proceso de defensa dos nosos sectores produtivos tradicionais e, en paralelo, novas accións no campo da industrialización e da defensa de sectores primarios potenciais ( marisqueo, madeira...).

Organismos estatais e internacionais vinculados ao poder financieiro están a facer previsións negativas para os próximos anos, previsións que aplicadas aos datos comarcais sobre da elevada taxa de paro -perto de 20.000 persoas-, do número de fogares que sobreviven tendo como único ingreso unha pensión, do incremento exponencial dos EREs, do peche progresivo de medianas e pequenas empresas , da falta de carga de traballo no sector naval, da preocupante porcentaxe de mozas e mozos aos que non lles queda máis alternativa que a emigración, debuxan un panorama no que nengún dos axentes sociais da nosa comarca podemos nen, sobre de todo, debemos mirar para outro lado.

Desde o BNG defendemos sempre que era preciso actuar co maior grao de unidade entre as forzas sociais, sindicais, empresariais e políticas do ámbito comarcal; pero que esa unidade tiña que ter logo unha translación a decisións políticas por parte dos diversos gobernos con accións urxentes e concretas. Lamentabelmente, desde hai moitos anos isto non é así.

Mais acreditamos, sobre todo, que a unidade non pode reducirse á convocatoria de mobilizacións esporádicas -cando a situación non é coxuntural – e por iso precisamos dun mecanismo de acción que nos diversos ámbitos presione, vixíe e comprometa realmente as solucións que a comarca está a demandar desde hai décadas.

Nesta reflexión – que sabemos é compartida por moita outra xente – a nosa organización valora a urxente necesidade de estruturar un ente plural, permanente e operativo que se constitúa como aglutinador e interlocutor das demandas de Ferrolterra, Eume e Ortegal perante os gobernos do estado e galego; sexa no ámbito socio-económico, das infraestruturas, etc….

Lonxe de calquera intento de protagonismo ou patrimonialización por parte de ninguén, desde o BNG avogamos por celebrarmos unha autoconvocatoria do conxunto de entidades, asociacións, forzas sindicais, organizacións políticas, institucións….; na que podamos facer esa reflexión conxunta e, no seu caso, articular propostas de actuación na defensa da comarca, na defensa do noso futuro.

Con ese obxectivo, consideramos a posibilidade de celebrarmos ese primeiro encontro para o vindeiro Xoves dia 23 de Febreiro, ás 19 horas no centro cultural “Torrente Ballester” de Ferrol, para o que desde o BNG fixemos xa a oportuna reserva do devandito local.

Na seguridade de contarmos coa súa participación, aproveitamos para enviarlles un cordial saúdo.

Ferrol, 7 de Febreiro de 2012.

Asdo.- Francisco da Silva Vello. Responsábel Portavoz Comarcal do BNG.

CONSELLO COMARCAL DO BNG-FERROLTERRA
Rúa Naturista López Seoane, 13-baixo-FERROL / ferrol@bng-galiza.org / 981364058


Bloque Nacionalista Galego - Ferrol

Enviado por:

BNG
-bng@ferrol.es-
16 de fevereiro de 2012 12:07
____________________

4 comentarios

o dia 23 a mesma hora esta convocada unha manifestación- concentración de todos os empregados da función pública diante do edf. administrativo da xunta de galiza. istes do BNG, non se enteran e programan a mesma hora

Calquera que mire a data que ten o comunicado do BNG ( e tamén os medios que se fixeron eco do mesmo naquel momento ) pode ver claramente que o mesmo é bastante anterior á convocatoria dos empregados da función pública; e iso non me fai pensar que éstes "contraprogramaran" ao BNG ¿non?
Polo tanto, un pouquiño de ponderación....

As mobilizacións da Área Publica están acordadas antes do 7 de febreiro: Día 9 concentración en Compostela, día 16 concentracións nos centros de traballo e día 23 en diferentes Prazas de todo Galicia.
Os do BNG non é que contraprogramen, non teñen capacidade para iso, os do BNG non se enteran de nada do que pasa na cidade. A súa teima é defender Reganosa, que Endesa siga queimando Carbón e tentar recuperar a Rumbo 21 e a Chuchi Varela. A súa convocatoria será un fracaso como sempre

desde el foro social de ferrolterra, ya se esta trabajando en la red de apoyo mutuo, creado a los mismos efectos


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon