Espazos protexidos baixo mínimos, lei de montes e crise na EA, entre outros temas da CERNA 66
O número 66 de CERNA acolle varios artigos sobre o estado de conservación dos espazos protexidos galegos que, pese ao amparo que as leis lles outorgan, están a sufrir na práctica un baleirado de control e vixianza por parte da Xunta. Un feito exemplificante a respeito do desinterese administrativo por preservar estes espazos foi a actuación da Xunta fronte os incesantes lumes forestais que no mes de outubro de 2011 arrasaron con 11.000 Ha na provincia de Ourense, analisada por ADEGA nun dos artigos deste número. Tamén a Sociedade Galega de Historia Natural critica através dun texto a permisividade do goberno ao respecto do uso de munición con chumbo nos humidais galegos.
Descarrega a [pdf] CERNA_66 (5.49 Mb) .
Iniciativas de reforma lexislativa como as da Lei de Montes ou a Lei de Caza, cuxos novos borradores abren a porta á desregulación ambiental nestes ámbitos, son tratadas tamén nas páxinas interiores de CERNA 66.
Así, fronte a rebaixa dos controis e garantes legais na preservación ambiental, as organizacións sociais asumen encabezar a misión de defender activamente o territorio a través da custodia. Neste número expóñense varios artigos sobre esta nova forma de participación cidadá na conservación dos valores ambientais e patrimoniais, tras a celebración do I Encontro Galego de Custodia do Territorio a finais de outubro. Outros artigos mostran como se pode tirar rendemento económico de xeito respectuoso co ambiente, por exemplo, coa produción de castañas e castiñeiros ou coa adquisición dun certificado forestal FSC para pequenos e medianos propietarios.
Mais irremediabelmente volve a crítica, coa denuncia da falta de apoio e a desatención que sufre actualmente a Educación Ambiental en Galiza, na que non se prevé ningún tipo de iniciativa ou promoción por parte da Administración autonómica, tras o recorte orzamentario.
Delegación de Ferrol (Trasancos)
Apdo Correos 481; 15480 Ferrol
www.adega.info
Enviado por:
ADEGA
-adega@adega.info-
20 de fevereiro de 2012 21:2
________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon