venres, febreiro 17, 2012

As traballadoras e traballadores da administración pública, mobilizaron-se por toda Galiza, en defensa dos seus dereitos laborais e sociais, contra os recortes, pola dignidade ... Mobilizacions en Ferrol - Vídeos


Onte tiveron lugar en toda Galiza concentracións de traballadoras e traballadores da administración pública autonómica que vai sufrir unha batería de recortes brutais que menoscaba as súas condicións de vida e de traballo, tirando pola borda dereitos e consquistas laborais e sociais.

O goberno dereitista de Alberto Nuñez Feijóo, pretende recortar estes dereitos a través dun decreto do cal presentou o seu anteproxecto o pasado 7 de Febreiro en forma de "Anteproxecto de Lei de Medidas no Emprego Público". Fronte a estas medidas, as organizacións sindicais acordaron convocar un calendario de mobilizacións conxunto que se estenderá durante todo o mes de Febreiro.

A primeira destas protestas tivo lugar o xoves 9 de Febreiro, cunha concentración diante dos edificios da Xunta en San Caetano ás 12 do mediodía cunha moi importante asistencia de empregadas e empregados públicos. Alí, a representación sindical entregou unha solicitude conxunta de retirada do Anteproxecto.

Onte 16 de febreiro tiveron lugar concentracións por todo o País, diante dos centros de traballo, ás 11:30 horas. En Ferrol tiveron lugar diante dos Xulgado, no Hospital arquitecto Marcide e na Praza Amada Garcia, diante do edificio Administrativo da Xunta de Galicia.


Concentración no Hospital Arquitecto Marcide

http://youtu.be/RwJgegWjpRM

Concentración na Praza Amada Garcia

http://youtu.be/38zB7T1qgvo


Para o xoves 23 de febreiro está previsto realizar concentracións nas sete cidades ás 19:00 horas. En Ferrol a convocatoria será de Manifestación que sairá desde o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia ás 7 da Tarde do vindeiro 23 Febreiro.


PARTICIPA !!

DEFENDE OS TEUS DEREITOS E O DE TODAS E TODOS NÓS !!

NON A TANTA AGRESIÓN !

POLA DIGNIDADE D@S EMPREGAD@S PUBLIC@S !

MANIFESTACIÓN XOVES 23 DE FEBREIRO
ÁS 7 DA TARDE NA PRAZA AMADA GARCIA
EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALICIA

Ademais, dende as organizacións sindicais non desbotan a posibilidade de convocar unha xornada de folga en toda a área pública se a Consellaría non muda nas súas intencións e procede á retirada do anteproxecto.

Enlace relacionado:
http://artabra21.blogspot.com/2012/02/traballadoras-e-traballadores-da.html
___________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon