venres, febreiro 17, 2012

Cacerolada en apoio ao pobo grego, convocada pola #AcampadaFerrol, na Praza do Concello, este Venres 17 de Febreiro


O Movimento 15M convoca unha Cacerolada Solidaria en apoio ao Pobo Grego, impulsada pola #AcampadaFerrol, na Praza do Concello, este Venres 17 de Febreiro, ás 20:30 horas.

Onte este movimento publicou unha "Carta aberta de Mikis Theodorakis
e Manolis Glezos en defensa de Grecia, a democracia e Europa", onde estes dous históricos activistas  gregos chamaban a "a converxer nunha ampla fronte de acción europea canto antes, para producir un programa de transición de Europa, para coordinar a nosa acción internacional, co fin de mobilizar ás forzas do movemento popular, para reverter o actual equilibrio de forzas e derrotar aos líderes actuais historicamente irresponsables dos nosos países".




acampadaferrol@gmail.com

http://tomaarua.blogspot.com/



__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon