mércores, febreiro 29, 2012

Con toda probabilidade os sindicatos CCOO e UGT somaran-se á Folga Xeral do 29 de Marzo


Onte saltou a noticia de que os sindicatos de obediencia estatal, CCOO e UGT, decidan con toda probabilidade somar-se á Folga Xeral e mobilizacións que están convocadas en Galiza e Euskal Herria, polo sindicalismo de clase nacionalista e no resto do Estado por outras organizacións sindicais e diversos colectivos. Polo seu interese publicamos a continuación o artigo tirado do xornal "La República".

A Folga Xeral sería o 29 de Marzo
Os sindicatos quedaron moi satisfeitos do éxito das manifestacións do 19 de febreiro: pouco máis dunha semana logo da aprobación da reforma laboral, a participación dos cidadáns nas marchas en máis de 50 cidades foi multitudinaria. Despois do éxito da convocatoria xa se preparan para a Folga Xeral, e xa buscan unha data, e a máis probable parece a do 29 de marzo.

As organizacións territoriais e sectoriais dos sindicatos recibiron da direccións unha data para o seu estudo: o 29 de marzo. Un día que estiman apropiado por varios motivos: é un día antes de que o goberno aprobe os orzamentos, que suporán unha nova volta de porca nos recortes; é o mesmo día en que varios sindicatos nacionalistas convocaron folgas xerais nos seus territorios; e a protesta celebraríase antes das vacacións de Semana Santa, co que os festivos non restarían participación á convocatoria.

É en todo caso unha proposta, non confirmada aínda polos máximos órganos de dirección dos sindicatos, que a estudarán nas súas próximas reunións. De momento, o calendario é como segue: este mércores concentracións e manifestacións no marco dunha xornada sindical europea contra axústelos, na semana do 8 de marzo (cando se convalida a reforma no Congreso) reunións dos órganos directivos dos sindicatos, nas que se estudará esta proposta de folga xeral, e en todo caso -salga esa data do 29, ou outra, ou ningunha para a folga- novas protestas para ese mesmo fin de semana, o do 10 e 11 de marzo.

Fonte: larepublica.es

Noticia relacionada de interese no "Observatorio Global":

Calendario convulso na España de Rajoy
por David Posada Menéndez (@dposadastur)

____________________

7 comentarios

Este é un rumor difundido pola UPG, que non ten ningunha credibilidade nin fundamento

Quitado agora mesmo da páxina da Cadena SER:

CCOO Y UGT PIENSAN EN LA FECHA DEL 29 DE MARZO
Gana fuerza la convocatoria de una huelga general contra la reforma laboral
RAFA BERNARDO

La propuesta aún no ha recibido el visto bueno de los máximos órganos directivos de los sindicatos

Secretario gral. UGT Euskadi: "Va a haber una huelga general"
oir
llévatelo
De la Cavada (CEOE) respeta la decisión que se tome
oir
llévateloRubalcaba avisa de una ''disminución brusca'' de los salarios

Xá se vé que a UPG ten moita influencia....E que hai xente con tendencia enfermiza.....

Noticia:
A UPG difunde o rumor da multiplicación dos pans e dos peixes e de paso cólase nas vodas de CANAA, Conxo colapsado, permisos de fin de mes a eito.

Iñaki Gabilondo ingresa na UPG, e será líder da ApU. MenosGaliza ficha a De la Cavada e o líder de UGT Euzcadi pide o ingreso nos irmandiños. Adiante xa o BNG. Frijolito esta que treme e pensa fichar a Seixo, Toxo e Cándido. Rexeita a entrada de Aymerich e Severino Ródriguez, alegando que quere gañar as eleccións.O enterior non é verade en Conxo temos sitio para todos.

UPG,que é iso?
Rumorease que UPG vai apoiar a Alvárez Cascos en Asturias,e ao PP en Andalucía,até din que pode ter tentáculos na Zarzuela... tamén son rumores

Agora en serio, alguén me podería dicir que é a UPG?

Se finalmente, oxalá que si, hai folga xeral en todo o Estado Español,será unha folga convocada por tódolos sindicatos e ninguén se sumará a ningunha convocatoria, non se gaña nada con informacións sesgadas e interesadas

Nós non cremos que esta información sexa "sesgada e interesada", ou ao menos no senso de interesada que se quere dar no comentario. Na Galiza hai unha Folga Xeral convocada e,consta-nos, que houbo numerosos intentos de que esta convocatoria fose unitaria. A CIG tivo a claridade de análise e vontade suficiente e necesaria para convocar unha Folga Xeral para o 29 de Marzo, e non foi convocada por unha cúpula senón por un clamor maioritario das asembleas, seccións sindicai, federacións, e comarcas, tomada nunha Conferencia Sindical Nacional. Está claro que o desafío da dereita neoliberal europea ten unha amplitude que requiriría un ámbito europeo de mobilización, mais tamén sabemos como a Clase Traballadora grega, a irlandesa, a islandesa, a portuguesa, a italiana, ... quedou sempre soa. Desde os Sindicatos que conforman a CES non hai vontade de dar unha verdadeira resposta a todas estas políticas. Mesmo os dirixentes de CCOO e UGT están xogando a que non queren confrontación senón que os chamen a negociar para "reformar" a (contra)reforma e que se o goberno non o fai, será el o que convoque a Folga Xeral. E se o Goberno os chama o día 28 de Marzo que pasaría? Compañeiro ou compañeira. Desde artabra21 pulamos pola unidade sindical e de clase, para combater todas estas políticas neoliberais e de dereitas, non a suavizar estas políticas. A información ten que ser veraz e a opinión libre. Ártabra 21 é un colectivo plural, mais ten un posicionamento político-ideolóxico definido, no "Somos". E por suposto que se hai Folga Xeral a nivel de Estado será esta de todos os sindicatos en pé de igualdade. Mais isto será cando isto chegue, non debemos adiantar-nos á realidade e ten por segur@s que desde este espazo así o informaremos.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon