MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES
"EN LOITA POLOS NOSOS DEREITOS!"
CONCENTRACIÓN EN FERROL TERRA
XOVES 8 DE MARZO ÁS 8 DA TARDE
CANTÓN DE FERROL
A Coordinadora Comarcal de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres convídate a sumáreste á Concentración que terá lugar o xoves 8 de Marzo ás 20.00 horas no Cantón de Molíns de Ferrol, co gallo da celebración do Día Internacional das Mulleres.
Nesta ocasión, como resposta ao recrudecemento do machismo nas institucións e á ausencia de políticas de igualdade reais, a Marcha Mundial das Mulleres, xunto a outros colectivos da Galiza, lanza unha campaña nacional conxunta para o 8 de Marzo baixo o lema MULLERES GALEGAS, EN LOITA POLOS NOSOS DEREITOS!.
Nesta campaña realizaranse numerosas actividades nas diversas localidades e comarcas galegas, e rematará nunha gran Manifestación Nacional contra os efectos do capital nas nosas vidas, en defensa dos nosos dereitos políticos, sociais e reprodutivos, para construirmos un mundo máis xusto dende o feminismo e o anticapitalismo.
MANIFESTACIÓN NACIONAL
DOMINGO 11 DE MARZO ÁS 12 DO MEDIODÍA
SAÍDA DA ESTACIÓN DE TRENS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
PARTICIPA!
De haber suficiente xente interesada en acudir a esta Manifestación desde a comarca, a MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES e a CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA fletarán un autobús gratuíto para desprazármonos a Compostela, con saída do edificio de Correos de Ferrol ás 10:30 horas e volta ao remate da Manifestación.
Para apuntarte, chama ao teléfono 667 685 430 antes do 8 de Marzo
TEXTO DO COMUNICADO DA MARCHA:
A estafa que chaman crise económica, xunto a gobernos que lexislan contra os dereitos acadados polas mulleres afianzan o #machismo e a #desigualdade.
Os recortes sociais, as reformas laborais e das pensións, a privatización dos servizos públicos afondan na situación de desigualdade que ocupan as mulleres no mundo laboral e na sociedade en xeral.#menossalario #pensionsreducidas.
Converter outra vez o #aborto nun delito, restrinxir o aceso a #anticonceptivos como a “píldora do día despois”, eliminar os tímidos avances en #educación como foi a implantación da asignatura “Educación para a Cidadanía” son as lindes que os gobernos do #PPatriarcal queren poñer á nosa liberdade e aos nosos dereitos.
Os avanzos en #politicasdeigualdade dos últimos anos están sendo demolidos.
Desaparecen o Servizo Galego de Igualdade, os Centros de Información á Muller...
Aínda que a #violenciamachista segue matando, redúcense os orzamentos e servizos de atención ás vitimas.
A privatización, eliminación e encarecemento de servizos públicos como escolas infantis, comedores escolares... imposibilitan a #conciliacion da vida laboral e familiar.
Xornadas laborais prolongadas; longas e infructuosas búsquedas de emprego, recorte asistencial a #dependencias... están recluindo forzosamente ás mulleres no espazo doméstico con perda de independencia económica e dereito a prestacións.
Empodérase á Ierarquia Católica e organizacións #integristas como ProVida ou Red Madre, promulgando a lei malchamada de Apoio á Familia é á Convivencia, e trátasenos ás mulleres como cidadáns sen #plenosdereitos.
Acentúanse os movementos migratorios entre as mulleres. As que veñen atopanse con #dereitosrecortados, e as que están, sobre todo #mulleresmozas, vense #obrigadasaemigrar para conseguilos noutros países.
Hai avances que non se consolidan, como o das labregas ao aceso á #cotitularidade das explotacións, e outros que se aplican sen ter en conta as #singularidades das mulleres afectadas como é o caso da nova regulación do servizo doméstico.
Os novos lexisladores temen tanto a presenza das mulleres que o único organismo onde queren manter a composición #paritaria de mulleres e homes, semella cómico,é no futuro #ConselloGalegodaMuller.
@feministasgalegas Queremos respecto polos nosos dereitos sexuais e reproductivos. O dereito ao control dos nosos corpos, garantindo o #dereitoaoaborto, gratuíto na sanidade pública.
@feministasgalegas Queremos o dereito a unha atención especializada á saude das
mulleres na sanidade pública, que sexa gratuita e de
carácter universal. #dereitoasaude
@feministasgalegas Queremos servizos públicos e medidas que permitan compatibilizar a vida persoal, familiar e laboral, tanto aos homes coma as mulleres.
#corresponsabilidade Equiparar en dereitos ás mulleres emigrantes.
@feministasgalegas Queremos accións dirixidas a eliminar as desigualdades salariais a temporalidade, a precariedade dos traballos feminizados e a sobreexplotación das mulleres. Creación de emprego público #dereitoslaborais
@feministasgalegas Queremos manter, mellorar e ampliar os servizos públicos que dean cobertura ás necesidades de coidado de familiares e persoas a cargo. #dereitoaocoidado Dereitos reais para as empregadas domésticas.
@feministasgalegas Queremos políticas integrais para a eliminación da violencia
machista,con recursos públicos suficientes. #dereitoaliberdade #dereitoaseguridade
Acabar co tráfico de persoas.
@feministasgalegas Queremos ensino público, gratuíto, non sexista, igualitario e de calidade, que garanta unha educación nos valores da igualdade, da paz, a xustiza e a solidariedade. #dereitoacoeducacion
@feministasgalegas Queremos prestacións sociais e pensións dignas para todas. Acción positiva para evitar as desigualdades na cuantía derivadas de situacións de discriminación no momento da cotización. #dereitoaunhavidadigna
@feministasgalegas Queremos políticas laborais, agrarias, alimentarias, fiscais e sociais en función das necesidades da cidadanía, que freen a emigración da mocidade con accións positivas que poñan fin á discriminación das mulleres.
Frenemos o avance do #machismo e a #desigualdade coa unidade, a loita e a solidariedade #FEMINISMOMAISQUENUNCA
Manifestación DOMINGO 11 de marzo ás 12hs na Alamenda de Compostela 8 de MARZO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES
...
Folla Informativa da marcha Mundial das Mulleres para este 8 de Marzo de 2012, no Día Internacional das Mulleres, en formato -pdf:
Que está pasando?
@feministasgalegas A estafa que chaman crise económica, xunto a gobernos que lexislan contra os dereitos acadados polas mulleres afianzan o machismo e a #desigualdade
Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
27 de fevereiro de 2012 21:48
http://lupeces.blogspot.com/ ____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon