venres, febreiro 17, 2012

Despois da Asemblea Aberta da CIG en Ferrol - Carta de Suso ao compañeiro Pintos - Carta da Sección Sindical da CIG de Navantia-Fene


Este 16 de Febreiro a CIG dentro da súa campaña de debate e información para combater as políticas neoliberais dos Gobernos dereitistas do PP, realizou un novo xeito de activismo político-sindical, ao organizar Asembleas Abertas nas prazas de diferentes cidades e vilas da Galiza.

En Ferrol tivo lugar na Praza do Himno Galego, no barrio de Esteiro. A Asemblea foi bastante concorrida e as intervencións non se fixeron agardar. Dirixentes que ocupan cargos na central Sindical tomaron a palabra, mais tamén afiliados de diferentes sectores comentaron posturas sindicais da CIG coas que non estaban conforme.

A necesaria unidade sindical e de clase chocaba coas denuncias aos sindicatos CCOO e UGT polas súas reiteradas posicións pactistas cedendo ante as presións gobernamentais e patronais, como foi o último pacto de contención salarial e negociación colectiva.

Os dirixentes da CIG pensan que só van ser as centrais CCOO e UGT as que teñan confrontacións internas por mor das súas posturas pactistas, sen dar-se conta que a falta de unidade sindical e de clase só beneficia aos capitalistas e crea contradicións e malestar tamén dentro da propia CIG. Senón vexa-se as diferentes expresión na citada Asemblea Aberta ou mesmo a postura mantida pola sección sindical da CIG de Navantia-Fene, reclamando a unidade sindical e que se conte coa base sindical á hora de tomar decisións: "somos un sindicato de base asambleario", as decisión non se deben tomar polas cúpulas ... hai que contar coa afiliación e os cadros sindicais de base.

A dereita española que goberna tamén na Galiza e na maioría dos concellos da Comarca, están presentes por maiorías absolutas nas tres administracións do estado (central, autonómica e local). Manteñen o poder institucional con esas maiorías electorais, mais non teñen a maioría social. A maioría social está centrada nunha posición de esquerda, posición desperdigada, desmoralizada, desmobilizada, ... principalmente por mor das políticas socioliberais desenvolvidas polo PSOE mentres estivo no poder institucional e pola política pactista das cúpulas de CCOO e UGT. Mais non por iso os compañeiros e compañeiras de CCOO e UGT, non deixan de ser as nosas irmás e irmáns de clase. Se agora podemos estar unidos contra a reforma laboral, temos que aproveitar e estar unidos nesta batalla, non escatimar medios para conseguir a unidade, tan demandada pola maioría da clase traballadora.

Tais son as contradicións internas que esta postura crea no seo da afiliación da CIG que non escatimou medios en desmentir -segundo nota da mesma- rumores en foros e nos medios de comunicación, para clarificar que a CIG non apoiaba a mobilización deste 19F, convocada en Ferrol por CCOO, UGT e USTG. Ao menos enviaron mexases a través de móbil e correos electrónicos a toda a afiliación.

Polo seu interese publicamos a carta dun activista incansábel, con iniciativa e moi necesario: o compañeiro Suso -colaborador de Ártabra 21. A carta foi publicada logo da Asemblea e Manifestación de onte 16F. E despois desa carta, publicamos a carta do secretario da sección sindical da CIG en Navantia-Fene.

Carta de Susete:

Carta aberta ao Sr Pintos, Secretario Comarcal da CIG

Hoxe asistín á asemblea aberta da CIG na Praza do Himno Galego. Falaron varios compañeiros, diversidade de opinións e todas encontradas, agás por parte dos que cren a ELITE da CIG.

Voume centrar en tres discursos; o primeiro deles é o de Miguel, un coñecido loitador do barrio de Esteiro, fixo un chamamento á unidade e á necesidade de asistir á manifestación convocada por UXT, CC.OO e USTG do próximo domingo día 19, dixo que el asistirá a esta manifestación coa súa chapa de militante da CIG, orgulloso, como non, de defender os traballadores. Fixo fincapé nos seus 20 anos de militancia na GIG

O seguinte discurso no que me vou centrar é no de Antonio, outro militante de renome no citado sindicato. Recolleu a luva lanzada por Miguel e fixo un discurso totalmente oposto. “Non imos esperar por eles", “Démoslles oportunidades”, “Vendéronnos", e un "Vamos facer a folga nós sós". Como Miguel, Antonio tamén apelou aos seus 20 anos de militancia na CIG

O terceiro discurso que vou ter en conta é o de André, que aínda non leva os 20 anos de militante da CIG, pero sei que mamou dende pequeno a loita social. Foi outro chamamento á unidade das bases nestes momentos, como ben dixo; "Logo, se nos quedamos sós, que non se diga que non o tentamos"

Pintos, secretario Comarcal non deixaba de mirar para cara atrás mentres André interviña, e murmuraba algo polo baixo, non sei que podía estar a dicir, pero ao finalizar esta quenda de palabra interveu e realizou un discurso similar ao de Antonio, cunha diferenza ao seu favor, realizou un chamamento ás bases de UXT e CC.OO para que participasen coa CIG.

Agora tócame a min matizar algúns puntos.

Pois penso que descoñecen o que hai arredor.

1- A CIG non ten 20 anos de historia, fundouse o 19 de marzo de 1994, distinto é que procedan da CXTG (fundado en 1985), ou da INTG (fundado en 1981), sindicatos que en coalición deron lugar á CIG. Ósea, que o de militancia máis antiga no sindicalismo nacionalista galego levará 31 anos. Que nin é o caso de Pintos, nin o de Antonio.

2- O día 27 de xaneiro, malia ser a CIG o sindicato que convocou a folga, na manifestación estaban moit@s compañeir@s de UXT e CC.OO. Estaba a manifestación a piques de arrancar e chegounos a fatídica noticia do Merdo-Pacto Antisocial que acaban de asinar con nocturnidade e aleivosía estes sindicatos. Puiden ver como compañeir@s destes rompían a chorar.

Iso quizais non o viu o Sr Pintos, quizais non coñece a xente.

Agora voulles contar os que din levar 20 anos de militancia parte da miña Merdo-Vida para levalos a onde quero chegar:

O meu pai era o afiliado n.º 157 de CC.OO, un chorreador do naval que sempre loitou polos seus compañeir@s, ata tal punto que o que non facía polos seus 4 fillos o facía por eles.

Como é de supoñer, o meu berce é Comisións Obreiras, malia non estar afiliado. Puiden ver con 7 anos como se realizaba o mítico programa radiofónico “ONDA OBREIRA”. Participar dende pequeno da loita social, asistir a diversos congresos de CC.OO e do PCE. Tamén puiden gozar da calor e cariño de tod@s @s camaradas na festa do PCE de Madrid con tan só 8 anos, eu era o peque.(Bos tempos). Tamén lembro con gran nostalxia os Primeiros de Maio, nun principio facíase en Covas, máis tarde na Feira de Mostras, e os últimos anos no Parque Municipal. (Aínda podo ulir as sardiñas que fritían o vello e a mítica Mela).

E aquí é onde quería chegar.

Pergúntome onde estaba o Sr. Pintos e o Sr. Antonio por aqueles anos?

Supoño que estarían a empezar a gozar da por fin conseguida Transición. Unha Transición con moitos flocos, pero para os que non tiñamos nada era a "Revolución".

Que nunca se lles esquezan tod@s @s compañeir@s de CC.OO e da UXT que acadaron o pouco que hoxe temos, se algunha vez se conseguiu "algo" foi porque existía UNIDADE.

Fago un chamamento a toda a crase traballadora, para estar e participar da Loita Social, indistintamente do sindicato convocante.

CONVERXENCIA SOCIAL COMPAÑEIR@S

PD. Agora que boto contas, estou a punto de cumprir os 42... rio da militancia, o que vale e hai que ter é conciencia de clases e saber respectar a tod@s @s compañeiros, porque detrás de cada un de nós hai unha Merdo-Vida

Sen acritude para o compañeiro Pintos e o compañeiro Antonio, son coñecedor e participe da loita pola dignidade que realizan estes compañeiros e a CIG.

Fonte: http://ferrolsuso.blogspot.com/

Carta da Sección sindical:

Da Permanente da Sección Sindical da CIG de Navantia-Fene ao Secretario Comarcal da CIG-Metal, sobre o posicionamento da C.I.G-comarcal respeito da manifestación do vindeiro domingo día 19 de Febreiro.

Estimado compañeiro:

Coñecedores nesta sección sindical da convocatoria dunha manifestación para o vindeiro día 19, na que figuran os sindicatos CC.OO-UGT-USTG contra da reforma laboral . Gustaríanos coñece-la posición da CIG-comarcal respecto da participación na mesma como organización. Xa que o dereito de asistencia persoal en contra desta reforma laboral, ou calquera outro tipo de medidas de agresións á crase traballadora, non pode vir predeterminado por ningunha directriz acordada polos órganos de dirección do sindicato, sen ter dado previamente un debate participativo coas bases dentro do carácter asembleario que define o noso modelo sindical ... De facelo así sen dúbida suporía unha suplantación das bases, tanto do seu carácter asembleario coma da pluralidade, ... berce e distinción do noso modelo nacionalista e de crase.

Elementos que marcan as diferencias hoxe e sempre, con ese modelo pactista e reformista do sindicalismo español.

As agresións a crase traballadora teñen que seren respostadas de forma inmediata reiterada e sostíbel con mobilizacións contundentes … independentemente de quen as convoque. Ou é, que mesmo non temos participado coa Dereita mais Neoliberal desta comarca en Manifestacións orquestadas de xeito hipócrita, mesturados no medio de bandeiras españolas e difuminados entre sindicatos que a día de hoxe aínda non teñen recoñecido o 10 de Marzo coma día da crase obreira galega?, Ou é, que non temos feito cabeceira de pancarta cos reconversores do PSOE, os maiores destrutores do emprego cancro hoxe e onte da nosa comarca ... As agresións a crase traballadora non agardan datas nin siglas para seren respostadas con contundencia, incluso aínda sabendo que só supoñan para algúns, mera xustificación e un lavado da cara … o futuro agárdaos a eles e a nos, pero terán que seren eles os que den conta dos seus trocos, se cadra cando a gravidade da reforma e as súas consecuencias teñan pouca volta atrás.

CONTRA DAS POLITICAS NEOLIBERAIS DO PP !!!
CONTRA DA REFORMA LABORAL … LOITA OBREIRA !!!

Saúdos !

Xurxo Cordero

Secretario da Sección Sindical da CIG Navantia-Fene
_____________________

7 comentarios

So quero clarexar que levo na CIG, non con ese nome, senón con outros nomes que deron lugar á CIG( CTG, INTG, CXTG) desde 1977, non son por tanto 20 anos, senón que son case 35 anos.

Xosé Miguel López Pérez,

X.Miguel, de entrada quero presentar miñas disculpas si é que miñas verbas poden prestar a confusión.

Acho que teu exemplo dos "vinte anos" foi axeitado, pois querías deixar crara tua fidelidade ao sindicato que pertences, e pese a elo, mañá día 19, vas estár na manifestación, indistintamente das siglas que convoquen, pois aprezas isa necesidade de unidade d@s traballadores/as nesta loita.

Mentres que outros apelaron a que levaban "vinte anos" para dicir; "Eu teño razón".

Na asemblea aberta da CIG había diversidade de compañeir@s, tanto de EU, UXT, CC.OO, USTG, 15M, etc.. A mayoría deles/as porcuran asistir a todas as loitas pola dignidade e polos dereitos sociais que se fan na comarca, indistintamente das siglas que convoquen.

Quixen "berrar" por isa ansiada Unidade e Converxencia Social nestres intres que estamos nunha “caída libre” e sen freo, non temos que pensar quen é @ compañeir@ que temos ao noso caron loitando con nós, se non que estamos polo mesmo.

Saúde, e disculpas de novo a tod@s @s que poidan ter malinterpretado meus "berros"

UNIDADE SOCIAL

Permite-me companheiro Suso umhas achegas.

Eu também estava ali o 16.Acompanhaba-me Miguel que comentou comigo a pertinência da sua intervençom e eu como lembrará animei-no, sabendo do importante da sua opiniom. Antonio refletiu basicamente a postura da Executiva Confederal da qual é membro.
Eu som claramente partidário da unidade sindical, distinto da unicidade com a que já nom concordo. Assim o menifestei na CSN, na que se tratou o tema. A postura da maioria da CIG, vem motivada por duas cousas basicamente:
1) A teoria de que CCOO e UGT estam perdidas para a luita sindical e de que fam parte do sistema.
2) A instauraçom dum setarismo de tipo radical que confunde esquerda e emancipaçom nacional com esquerdismo e exclusividade identitária.Isto é; formas sem fondo e negaçom do carater clasista aos obreiros espanhois e negaçom da nacionalidade aos companheiros da clase galega que (equivocadamente para mim) se agrupam em coletivos de obediência espanhola.
A primeira teoria, nom nos equivoquemos tem claras argumentaçóns práticas. Patos polas pensións, o recente acordo com a patronal sobre contençom salarial (menuda venda), e umha trajectória desde o que ti chamas Transiçom e na que pola brevidade da resposta nom vou entrar.A diferença entre bases e dirigências é certa , mas também que há procedementos para mudar de mandos.
A segunda resolveu-na muito bem pola nossa parte Castelao, no conto de Panchito, e (como sempre é umha opiniom) fica muito mais incerta para o proletariado espanhol, que totalmente manipulado pola sua burguesia, fai seu o projecto espanhol, salvo honrosas e muito valiosas excepçons.
Agora vou dar um passo mais adiante. Estou pola unidade sindical, mas para a açom. Isto é tratar de aglutinar o mais possível, mas como médio de levantar às massas e de confrontar com valentia a situaçom.Desde esse ponto de vista creio que se equivoca a CIG, por nom ir o domingo, a mim falarom-me de que nom se lhe permitia dirigir discurso própio @s manifestantes, nom sei se é certo.No que acerta plenamente é em convocar greve ( ou folga, que também me vale)geral. Acerta também nas datas e acerta em fazer um chamado a CCOO/UGT e resto de centrais a unir-se. Ainda mais o seu secretário geral admite na sua comunicaçom de onte que estamos dispostos a mudar as datas para chegar a acordo. E aqui quero apresentar umha questom importante, pode-se e debe-se criticar a falta de unidade, sempre claro que nom serva para vender a inaçom. A açom dos críticos coa falta de unidade debe ser, para ser crível, completa e ir ao fondo da questom. Assim debem fazer-se na casa dum, ademais da alhea. E ponho um exemplo Fuco Buxan chama a manifestar-se o domingo, bem. Desde há vários dias a CIG tem publicitada a sua folga, qual é o pronunciamento? Nom pensas que se as diversas asociaçóns sociais tiveram feito umhas pronúncias favoráveis teriam facilitado o feito de que CCOO/UGT tiveram menos problemas em convocar a folga? Mesmo no cabeceiro da página de Ártabra 21, figuram as diversas convocatórias mais nom a de greve geral. Há também outras pessoas que nom vem o da folaga geral como maduro polo que se escudam em cousas coma as faladas. Eu penso que vai ser muityo problemática pois o PP e o capital estam muito fortes mas nom fica alternativa. Ainda assim como já digem no seu momento na Central eu vejoá como um pico na luita nom como um momento de chegada e menos de fim claro.
Por último e desde a irmandade, corregir-che ( como o fas tu ao final na P.D.) o tratamento nem Pintos nem António som senhores som companheiros. Falando do seu passado dirtei-che que Pintos foi marinheiro muitos anos e Antonio foi também muitos anos filiado às CCOO. Mas coma se foram frades.
Joám López

Saúdos Joám.

- Ao tema dá intervención de Antonio, este compañeiro falou en primeira persoa de singular, (Aínda distingo os tempos verbais), é máis, se chego a saber que esa é a posición inamovible da CiG tería marchado.

- Para nada estou en contra de que a CIG convoque greve (ou folga, que a min tamén me vale) xeral. Paréceme ben e alí estarei. Como estarei en todas as accións en contra da agresión social (convoque quen convoque)

- Disme que para ser crible hai que ir ao fondo dá cuestión, paréceme que xa o fixen, cousa que ti nestes intres non estás a facer e te vas polas ramas.
Quizais para que a miña opinión che resultase máis crible tería que dicirche que dende a folga xeral convocada pola CIG o 27 de Xaneiro de 2011, eu non teño nada que ver coa Asociación que ti nomeas alegremente. (E como se así fose, estaría orguioso de estár nela, aparte o que escribín é miña opinión pesoal).

Resúltache así máis crible ou teño que darche máis detalles persoais?... (Porcuro ser consecuente con todo o que falo ou escribo).

E falando por min que é o que fago, tamén digo que estrañaríame moito que non fixeran ese chamamento, e no caso de que non o fagan sempre poderás pedir explicacións a quen creas conveniente. (Penso coma ti neste senso).

- Referente ao de chamar Sr a un compañeiro non o vexo como algo despectivo, pero alla o teu punto de vista, de feito a PD é esta;
“Sen acritude para o compañeiro Pintos e o compañeiro Antonio, son coñecedor e participe da loita pola dignidade que realizan estes compañeiros e a CIG”.

Non era precisa nin a presentación nin matización pola túa banda. O dis como si lles faltara ao respeto. Coñezo a loita de ambos compañeiros, e no caso de Antonio, quizais descoñeces que somos familia política.

Non hai nen busques por donde retorcelo Joám, ou que me diga a min Pintos que é o que tiña que "ronroneear" cando se expresaba un compañeiro.

Apertas saúde e liberdade compañeiro

PD. Eu coma ti tampouco escribín a Merdo-Transición, igual ata levo a culpa :)

Companheiro Suso:
Semelhas algo incomodado e nom era a minha intençom, nem penso o meu tono.
A posiçom de Antonio describi-na como o que di a Executiva, nom como que ele falara no nome dela. e ademais creio que nom muda isto muito.
O de Fuco Buxan é um exemplo, precisamente utilizado polo respeito e admiraçom que me merece, Tentava fijar a questom no que para mim é mais relevante, se é precisa umha greve e quando.Penso que seria muito bom que houvera pronunciamentos, mas nom so sobre amanhá, senom sobre a pertinência da greve mesma. Eu acho que manham se joga muito na postura que vam adoitar CCOO/UGT se nom o pensara assim, nom teria escrito o que escrevim.Outros no meu sindicato formulam,(cos antecedentes que comentei) que já está o peixe vendido.
Pintos creio que nom estava a interromper a André senom penso (e estava cerca) que se referia a problemas de megafonia. Em todo caso, nom lhe dou mais importáncia. Já falei com André e lhe falei que creio que umha parte do seu discurso nom foi entendida. Era quando dixo que as anteriores greves nom tinham servido- É evidente que ele nom queria dizer isto e já mo aclarou, tenhamos em conta que nom todo o mundo nos conhece a nós, nem o nosso pensamento. Eu que também falei estou seguro que também nom transmitim todo o que queria dizer. É normal.
Estamos num momento dramático e necesitamos unidade mas também discussom sá e fraternal, neste contexto iba a minha achega,
Animo-te a participares e intervir se o consideras, em quantos foros se estabelezam, nada é inamovível agás a morte. Ademais é bom escuitar a quem fala com conviçom das cousas. SAe estiveramos tod@s dacordo em todo seria absurdo, dentro da CIG e fora dela.
Adiante e a por leles companheiro. Um abraço e até outra.
JAM.

Joám: Antonio López Rivera leva 20 anos "liberado" e sen pisar os centros de traballo, o igoal que Milocho e Maneliño. Por eso non teñen nin idea do que pensan os afiliados de base e os traballadores en xeral.Se botase máis tempo nos centros de traballo en troques de estar nos bares de debaixo do local do sindicato, sabería o que pasa no Mundo Real, non no seu mundo de Yupi

Hoje falei co compañeiro Joám, e non temos nada que arranxar, para nada moléstame que el tamén "berre", e bon, e máis vindo dun compañeiro que loita en mil cousas, coñece aos compañeir@s, e está na rúa.
Saúde e loita en común d@s traballadores/as


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon