martes, febreiro 28, 2012

Domingo 4 de Marzo: Concentración diante do Consultorio da Graña, para impedir o seu peche - Sábado 3 de Marzo: Concentración na Capela en demanda da construción do Centro de Saúde


Consultorio A Graña

O vindeiro domingo día de 4 Marzo ás 12 do mediodía haberá unha concentración cidadá diante do Consultorio da Graña, para impedir que a Consellería de Sanidade, co consentimento do Xerente de Área e da Alcaldía de Ferrol( que non dín nada na súa defensa), poidan pechalo como é a súa pretensión.

O consultorio da Graña leva aberto desde o ano 1940 e presta servizo a 800 usuarios e usuarias, moitos deles maiores de 65 anos.

A concentración está convocada polas entidades veciñais de A Cabana, A Graña, Brión e San Felipe e conta co apoio da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol. Esta concentración foi acordada nunha asemblea veciñal celebrada onte na Graña, cunha numerosa participación.

A noticia no Diario de Ferrol:

Rexeitamento ao peche do consultorio da Graña dos veciños afectados



O sábado día 3 de Marzo ás 11 horas hai unha concentración na Capela para reclamar a construcción do novo Centro de Saúde que estaba comprometido.

Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
28 de fevereiro de 2012 08:00
______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon